Site icon Crónica3.com A Mariña

Gobernar implica xestionar, non só gastar, afirmou o PP nun mitin en Barreiros

Nota de prensa

“Gobernar implica xestionar, non só gastar”, asegura José Manuel Barreiro

• O cabeza de lista dos populares ó Senado convidou hoxe ós mariñáns a comprobar cantas das promesas efectuadas por José Blanco durante os últimos anos son realidade

• En función do “pobre balance”, considera que ó ministro de Fomento “acabouselle o tempo”

Barreiros, a 12 de novembro de 2011.- José Manuel Barreiro asegurou hoxe durante un mitin celebrado en Barreiros, no que tamén participaron Agustín Hernández e o número dous dos populares ó Congreso Jaime de Olano, que “gobernar implica xestionar, non só gastar”.

Para o cabeza de lista ó Senado por Lugo, os socilistas demostraron que saben moi ben como gastar pero que, “como demostran os resultados”, o de xestionar non se lle dá tan ben. “En economía”, dixo, “a confianza é fundamental pero está claro que eles non foron capaces de xenerala. Unha reacción lóxica a tenor das súas actuacións. O resultado é un estado de incertidume permanente e unha situación tan compricada que só pode calificarse de verdadeira emerxencia nacional”.

Insistiu o candidato popular en que a mellor maneira de gastar os cartos que os españois aportan ás arcas do estado é nos servizos sociais

Neste contexto, Barreiro apelou á “responsabilidade” e á “experiencia demostrada e contratada” polo Partido Popular en momentos “case tan difíciles como os actuais e tamén resultado da mala xestión dun goberno socialista”, para pedir o voto para o seu partido.

Segundo advertiu, o proxecto de rexeneración económica que quere aplicar o Partido Popular, “que necesita España”, só poderá levarse a cabo “se o 20-N gañamos por maioría absoluta”. “Ben sabedes o que lle pasa ó PP se non acada o respaldo suficiente”, apuntilou.

O candidato popular explicou que a mellor maneira de gastar os cartos que os españois aportan ás arcas do estado é nos servizos sociais, pero insistiu en que só dende unha axeitada política económica se pode desenvolver unha política social.

José Manuel Barreiro tamén alertou sobre os políticos que “prometen moito pero fan moi pouco”, e eso pese a ostentar importantes grados de responsabilidade, tanto dende o punto de vista político como de xestión e “alardear delo en canto teñen a mínima ocasión”.

O cabeza dos populares á Cámara Alta instou a “comparar o dito co feito” polo ministro de Fomento “en funcións” José Blanco: “nada do Corredor da Costa; a Transcantábrica sen rematar… pero agora volve a insistir en que 2012 será o ano no que estas infraestructuras, como outras moitas pendentes de execución na provincia de Lugo, serán realidade . O malo é que dixo o mesmo en 2007 e mesmo nas eleccións anteriores. Así que eu dígolle ó Sr. Blanco: pasouselle o tempo, porque quen cando puido facer, non fixo, difícilmente poderá facer algo cando non teña responsabilidades de goberno. E, á vista dos feitos, tras o 20-N non terá ningunha”.

Exit mobile version