Nota de prensa
XXIIIª TIRADA DE BOLOS – XIIª SUB 16 – IIIª LIGA FEMININA
(TEMPORADA 2011/2012)
Organiza: Concellería de Cultura do Concello de Xove
Colaboran: IES Illa de Sarón de Xove
INCIDENCIAS DA 7ª TIRADA
(Centro Social VILACHÁ – Sábado, 19 novembro 2011)
CAMPEONATO DE BOLOS DE CENTRO SOCIAL DE VILACHÁ (19 NOVEMBRO 2011 ) 38 INSCRITOS: 23 NA LIGA SENIOR, 7 NA LIGA SUB 16 E 8 NA LIGA FEMININA | |||
CLASIFICACION | NOME | TANTOS | PUNTOS |
LIGA SENIOR | |||
PRIMEIRO | ANDRÉS RODRÍGUEZ RAMOS | 222 | 12 |
SEGUNDO | GINÉS RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ | 210 | 10 |
TERCEIRO | JOSÉ MANUEL COCIÑA RIVERA | 204 | 8 |
CUARTO | OMAR CABRERA MACÍAS | 203 | 7 |
QUINTO | JOSE VIGO LAGE | 199 | 6 |
SEXTO | MOISÉS RODRÍGUEZ CASABELLA | 199 | 5 |
SÉTIMO | FRANCISCO PÉREZ GONZÁLEZ | 194 | 4 |
OITAVO | ARTURO VIGO CASABELLA | 193 | 3 |
NOVENO | JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ | 190 | 2 |
DÉCIMO | ARTURO RODRÍGUEZ ÁLVAREZ | 190 | 1 |
MELLOR BOLADA | GINÉS RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ | 88 | 1 |
LIGA SUB 16 | |||
PRMEIRO | DANIEL LÓPEZ FERNÁNDEZ | 111 | 6 |
SEGUNDO | ISAIAS CARDOSO RODRÍGUEZ | 88 | 4 |
TERCEIRO | SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ | 81 | 3 |
CUARTO | CRISTÓBAL RIVAS CAMPO | 60 | 2 |
QUINTO | LARA RODRÍGUEZ BAÑO | 59 | 1 |
MELLOR BOLADA | DANIEL LÓPEZ FERNÁNDEZ | 44 | 1 |
LIGA FEMININA | |||
PRMEIRO | DOLORES BAÑO FRAGA | 114 | 6 |
SEGUNDO | CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓPEZ | 99 | 4 |
TERCEIRO | CARMEN ROCA CORRAL | 94 | 3 |
CUARTO | BELÉN MEITÍN ROUCO | 79 | 2 |
QUINTO | LEONOR CASABELLA RODRÍGUEZ | 63 | 1 |
MELLOR BOLADA | BELÉN MEITÍN ROUCO | 54 | 1 |
-Tarde moi agradable e campo en perfectas condicións. 38 inscritos, 23 na Liga Senior e 8 na Liga Feminina e 7 na Liga Sub 16.
Liga Senior Masculina.- Os líderes desta categoría fallaron nesta tirada, ocupando os últimos lugares que daban opción a puntos, dahí que a clasificación xeral non varíe moito, con Arturo Vigo destacado con 57 puntos, vinte máis que o segundo Francisco Pérez e vinteseis máis que os terceiros, postos que comparten José Rafael González e Ginés Rodríguez, este último gracias aos 10 puntos obtidos nesta tirada, o que lle permitiron saltar dende a sexta posición ata este posto de pódium final. Pero o gran destacado da xornada foi o xove xogador Andrés Rodríguez, quen gañou con gran aoutoridade con 222 puntos, pasando da décima posición á quinta actual, que o pon ademáis moi cerca dos primeiros postos de privilexio. Recordamos que Andrés Ramos foi campión da Liga Sub 18 nas temporadas 2007-2008 e 2008-2009, dahí que a súa clasificación non sexa unha sorpresa, xa que se trata dun dos grandes xogadores incorporados dende a categoría inferior e que leva, a pesares da súa xuventude, moitos anos xogando.
Liga Senior Feminina.- Nesta clasificación non hai cambios significativos con respecto á pasada semana, manténdose a clasificación invariable nas tres primeiras posicións. Si temos que destacar a primeira victoria da vixente campiona. Dolores Baño, quen comezou a temporada baixa de forma, con moitas dúbidas no seu xogo, parece que se vai entonando, mellorando nas últimas semanas, xa que nas últimas catro tiradas conseguiu consecutivamente un cuarto, un terceiro un segundo e un primeiro posto. A victoria nesta tirada de Vilachá permítelle consolidarse na terceira posición con 20 puntos, nove máis que Leonor Casabella; tamén lle permite achegarse ás dúas de cabeza, non permitíndolles que adquiran unha vantaxe excesiva.
Liga Sub 16.- Novo cambio na cabeza desta Liga, a cal se están repartindo tres xogadores, Daniel, Salomé e Isaias. A victoria de Daniel e a mellor bolada permítenlle acceder ao liderato con 29 puntos, 1 máis que os irmáns Cardoso, Salomé e Isaias, que comparten a segunda posición con 28 puntos. Polo tanto, moi apretada esta Liga na cabeza con continuos cambios no liderato. Por detrais, e moi alonxados xa, Gonzalo Fernández e Lara Rodríguez, ambos con 8 puntos.