Site icon Crónica3.com A Mariña

En fútbol sala feminino o Panificadora perdeu en Riazor por 5-1

Nota de prensa:
Panificadora 1-5 Riazor

Ante un desacerto arbitral que desconcertou a ambos os equipos e ao mesmo público, o Panificadora del Eo Ribadeo FSF deixou escapar os tres puntos do seu feudo, esta vez ante o CD Riazor FS da Coruña (1-5), equipo que con 45 goles a favor se alza como o máximo goleador de Autonómica.

As de Martínez, nerviosas e precipitadas no xogo en busca da primeira vitoria desta tempada, fóronse ao descanso cun marcador adverso de 0-2 por dous desafortunados goles nos minutos 10 e 14, ambos de Lorena, o primeiro logo dun rexeitamento da porteira Antía e o segundo por mor dun desvío dunha xogadora visitante.

Na segunda metade o Panificadora arriscouno todo exercendo unha forte presión sobre o rival coa que puideron acurtar distancias; Eva aos 5 minutos da continuación fíxose cun balón nos dez metros e bateu a porteira visitante de potente tiro pola escuadra dereita. Insistían as ribadenses na súa presión poñendo cerco á portería do Riazor, pero unhas veces a falta de acerto nos metros finais e outras as boas intervencións da meta desbarataron todas as accións locais.

No minuto 28 a visitante Sara conseguiu o 1-3 de tiro raso e forte. Este gol foi un xerro de auga fría para as ribadenses, que non foron capaces a repoñerse do golpe recibido. As coruñesas aproveitáronse da baixada das locais e así a falta de 4 minutos Lorena puxo o 1-4 e dous minutos máis tarde foi de novo Sara quen subiu ao marcador o 1-5 definitivo.

A próxima xornada o Panificadora volve xogar como local recibindo o Sada FSF, noveno con 9 puntos e debutante na categoría, que conta nas súas filas con xogadoras que competiron en categoría superior.

Provincial feminina. O Xoula, terceiro clasificado, mantén o seu posto ao golear a domicilio ao Viveiro FSF (0-6). Elvira, con catro goles, foi a verdugo do equipo viveirense; Fátima e Iria remataron a faena. As ribadenses desprazaranse o vindeiro sábado a Quiroga en busca da segunda praza que ostenta o equipo local por goal average; ambos suman 12 puntos con tan só 1 partido perdido dos 5 disputados.

Provincial masculina. O Ribadeo non puido manter o cuarto posto ao caer derrotado en Sarria por 5-3 ante o Hotel Roma. A próxima xornada tocará descanso para os ribadenses.

Ficha técnica

Panificadora do Eo-Ribadeo FS: Antía, Ana, Eva, María e Elena, cinco inicial; tamén xogaron Toñi, Sabela, Marta e Arancha.

CD Riazor FS: María, Paula, Sara, Alba e Lorena, cinco inicial; tamén xogaron Rocío, Vitoria, Yesica e Nuria.

Árbitros: Jorge Goyos López e Vanesa Fernández Fernández (cronometrador), delegación de Lugo. Mostraron cartóns amarelos a María polas visitantes e a Toñi, María, Elena e Martínez (adestrador) polo Panificadora.

Exit mobile version