Site icon Crónica3.com A Mariña

En Barreiros lembrarán ás vítimas da violencia de xénero cun mural, un manifesto e un minuto de silencio

Nota de prensa

CUN GRANDE MURAL, COA LECTURA DUN MANIFESTO E CUN MINUTO DE SILENCIO LEMBRARÁSE EN BARREIROS ÁS MULLERES VÍCTIMAS DA VIOLENCIA DE XÉNERO O VINDEIRO 25 DE NOVEMBRO.

Barreiros, 21 de novembro de 2011. As Concellerías de Servizos Sociais e Muller programaron a realización dun grande mural con motivo do día internacional contra a violencia de xénero. O vindeiro 25 de novembro levarase adiante o acto Coas nosas mans podemos.

Segundo explican desde o Concello “consistirá en crear un grande mural no que todas aquelas persoas que o desexen poderán plasmar a pegada da súa man como mostra do apoio e da loita contra a violencia de xénero”. Será de 10 a 13 horas na praza do Concello, lugar onde tamén se leerá un manifesto contra a violencia de xénero e a continuación gardaráse un minuto de silencio polas víctimas desta lacra.

Exit mobile version