O alcalde de Cervo ocupará a vicepresidencia executiva da Fegamp que preside o alcalde de Ferrol
Referencia / Nota de prensa
Referencia
O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, foi elixido presidente de la Federación Galega de Municipios e Provincias – Fegamp- por asentimento dos asistentes. Da vicepresidencia primeira faise cargo o alcalde socialista do Barco, Alfredo García, e da vicepresidencia segunda, o alcalde Allariz, o nacionalista Francisco García. O alcalde de popular de Cervo, Alfonso Villares, encargarase da vicepresidencia executiva. No novo comite estará o alcalde de A Laracha, o de Quiroga, o de Sarria, o de Pereiro de Aguiar o de San Cristovo de Cea, o de Ponte Caldelas, o de Lalín, o de Culledero a de Muros,o de Pedrafita, o de Catoira, a de Silleda e a de Tomiño.
Nota de prensa
ALFONSO VILLARES, NOMEADO VICEPRESIDENTE EXECUTIVO DA FEGAMP
Cervo 26 de novembro de 2011.- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, foi nomeado hoxe vicepresidente executivo da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp). A súa designación produciuse na VIII Asemblea xeral desta asociación municipalista celebrada esta mañá, na que tamén foi designado como presidente o alcalde popular de Ferrol, José Manuel Rey.
Villares valorou a importancia que supón para el e para Cervo que os 212 alcaldes do Partido Popular en Galicia o teñan proposto para formar parte do órgano de dirección desta entidade representativa dos concellos galegos. “É un honor que me elixiran para desempeñar esta labor dentro da Fegamp. Espero aportar a miña experiencia destes anos na política municipal para axudar a afrontar da mellor maneira posible a difícil situación que están a vivir nestes momentos as institucións locais” manifestou o rexedor cervense.