Bases: 1.-Poden participar tódolos nenos e nenas do Concello en idade escolar. 2.-O tema será “O NADAL”,a técnica libre e o tamaño aproximado 15×21 cm.pechada e 30×21 cm.aberta, en cartulina. 3.-Establécense dous premios para postais por cada unha das seguintes categorias: -Educación Infantil: 0-3 anos. 4-5 anos. -1º e 2º de Primaria. -3º e 4º de Primaria. -5º e 6º de Primaria. 4.-Os traballos enviaranse sen asinar e acompañados dun sobre pechado dentro do que figuren os datos do autor/a, telefono,centro de ensino,curso e idade. 5.-A recepción de traballos rematará o 15 de decembro ás 20:00 horas. 6.- Os traballos serán expostos ao público na Sala de Arte da Casa da Cultura desde o día 23 de decembro ao 27 de xaneiro. 7.-A organización resérvase o dereito de facer posibles modificacións circunstanciais. 8.- A participación no concurso supón a aceptación das presentes bases. Información , inscrición e entrega de traballos na Biblioteca Pública de Burela.