Civismo na contorna do Hospital da Costa
Como usuario do Hospital da Costa de Burela, veño observando nos últimos tempos, unha falta de civismo tremenda.
Xa segundo se chega vexo coches aparcados de calquer xeito. Hai poucos días había un seat branco, na entrada do vial, baixando da variante, que o deixaron no medio, sen arrimar sequera a un lado. Iso non pode ser!! Aparcan en dobre ou triple fila, logo non deixan por onde pasar. Non habería que tomar medidas aoi respecto?
Outra falta de civismo, moi grave, é o de fumar a porta do hospital, a un lado, ao outro ou na fronte. Algo que está prohibido, pero os cidadans, faltos de civismo poñense a fumar onde lles peta.
Non habería que facer algo?
Pois a quen corresponda, que o faga, e a xente que vaia usando bastante máis civismo, que boa falta fai.