Nota de prensa
Asinado o Convenio laboral para o persoal de limpeza do Hospital da Costa.
Logo dun longo proceso de negociación, iniciado en marzo de 2010, e que incluso levou consigo mobilizacións por parte das traballadoras e traballadores de limpeza do Hospital da Costa, na tarde de onte asinouse o novo Convenio coa empresa Samyl, S.L. empresa concesionario do servizo. Isto foi posible tras refrendar a plantilla, en asemblea, o acordo ao que chegaran os representantes sindicais (CIG) coa empresa. Dito acordo contempla a equiparación de xornada co Grupo E do Sergas, tal e como e ocorre nos servizos de limpeza dos demáis centros hospitalarios do país, a partires do 01/01/2013. Como paso intermedio a esa equiparación as partes acordaron unha reducción parcial desa xornada para o 2012 en forma días libres que a empresa plasmará nos cadrantes.
Con esta sinatura cúmprese case na totalidade o obxectivo da plantilla de quedar totalmente equiparados ao Grupo E do Sergas tendo en conta que a equiparación salarial xa existía.
Dende a CIG queremos resaltar e agradecer o esforzo das partes e moi especialmente das traballadoras e traballadores que coa súa implicación e mobilización fixeron posible chegar a este acordo.