Site icon Crónica3.com A Mariña

As laranxas adxudícanse o derbi ante As Burgas cun merecido 5-0

Nota de prensa

AS LARANXAS ADXUDÍCANSE O DERBI ANTE AS BURGAS CUN MERECIDO 5-0

O derbi galego que hoxe puido presenciar o público de Vista Alegre quedou na casa e con claridade. As laranxas adxudicáronse os tres puntos que as achegan ao ecuador clasificatoria tras un merecido 5-0 ante o Cidade das Burgas.

Aínda non se cumprira o segundo minuto de xogo cando Claudia subiu a primeira vantaxe ao luminoso, nun pase cruzado de Dolo que a focega empurrou ao bordo da meta rival. Co paso dos minutos o Burela FS Pescados Rubén foi reafirmando o dominio do encontro ante o Cidade, coa marxe de manobra reducida aos escasísimos contragolpes. Dende saque de esquina, Dolo anotou o 2-0 (minuto 15), tras un despexamento errado da porteira ourensá co ombreiro. Aínda tiveron tempo as burelistas de seguir co asedio ás Burgas; o 4-0 estivo a piques de materializarse nos dous últimos minutos antes do descanso, nas zapatillas de Lucía primeiro, dende pase de Ro, nun tiro raso de Peque que rozou o pau máis tarde e, a falta de 25 segundos, nun balón que non puido aproveitar Ro tras unha extraordinaria galopada de Peque.

A escuadra de Javier Pardeiro volveu con ganas de máis na segunda parte. Tentativa tras tentativa, Haydee responsabilizouse do ansiado 4-0 (minuto 27), a pase de tacón, e Lucía apropiouse do 5-0 (30), tras a pugna cunha rival polo balón preto da área visitante. Na recta final e coa acumulación de cinco faltas, Jozi conseguiu manter infranqueable a portería laranxa freando dous dobres penaltis.

Tras a parada dun mes debido ao II Torneo Mundial de Fútbol Sala Feminino (Brasil, 4-10 de decembro), as burelás retomarán a competición o 17 de decembro, coa 11ª xornada, na pista do Lacturale Orvina, en duelo directo.

Ficha Burela FS-Cidade das Burgas
———————————

Partido pertencente á 10ª xornada da tempada 2011/2012.
CD Burela FS Pescados Rubén
4 Vitorias | 1 Empates | 5 Derrotas
Puntos acumulados: 13     5
Cidade das Burgas
2 Vitorias | 2 Empates | 6 Derrotas
Puntos acumulados: 8     0
Cancha de xogo: Pabellón Municipal de Deportes Vista Alegre
Data: Sábado, 19 de Noviembre de 2011
Alineacións
CD Burela FS Pescados Rubén
5
Dolores Sánchez García
Dolo
8
Haydée Agras Moral
Haydée
9
Patricia González Mota
Peque
10
Claudia Rodríguez Teijeiro
Claudia
13
Joziane de Oliveira
Jozi
4
Lidia María Mesías Espiñeira
Lidia
6
Silvia Rubal Casas
Silvia
7
Rosana Carballés Fernández
Ro
15
Lucía Nespereira Gómez
Lucía
17
Maite García de la Montaña
Maite
19
Paula Cortiñas Pardo
Paula
Adestrador:
Javier Pardeiro Casabella

Cidade das Burgas
1
Ana López Lastra
Ana
7
María Rego Edreira
Figo
8
Lucía Álvarez Fernández
Peke
10
Iria Saeta Álvarez
Iria
18
María Arias Rodríguez
María Arias
4
Natalia Pacios Ferreiro
Nati
5
Laura Pérez Tesouro
Laura
9
Sonia Pacios Ferreiro
Sonia Pacios
11
Carmen Pérez André
Carmen
16
Alicia Vázquez Fernández
Alicia
19
Raquel Barreiros Novoa
Raquel
Adestrador:
Manolo Codeso Seijo
O partido minuto a minuto
Gol     1 – 0 Min. 2     |   Claudia

Tarxeta amarela     Min. 15     |   Iria

Gol     2 – 0 Min. 15     |   Dolo

Gol     3 – 0 Min. 16     |   Lucía

Gol     4 – 0 Min. 27     |   Haydée

Gol     5 – 0 Min. 30     |   Lucía

Exit mobile version