Referencia: Galicia Confidencial
A Xunta nega axudas a emisoras públicas en galego
As 17 emisoras municipais que emiten Radiofusión quedan sen subvención da Secretaría Xeral de Medios por un formalismo, que a Xunta nunca utilizara antes para negarlles axudas.
Por Galicia Confidencial | Santiago | 19/11/2011
EMUGA é unha asociación de emisoras de radio municipais de Galicia. Desde o ano 2006 realiza unha programación conxunta denominada Radiofusión, unha dos poucos medios que sobrevive en galego na actualidade. De feito, é o único conxunto de emisoras, arestora con 17 afiliadas, que usa sempre o idioma do país, ademais da Radio Galega.
Até este ano a emisión conxunta en galego foi posíbel en boa medida grazas á colaboración do Goberno Galego cunha cantidade, iso si, moi austera para o que habitualmente inviste o Executivo nos grandes medios. ( . . . )