Nota de prensa
O PP insta a Blanco a que, antes de falar de follas de méritos ou desméritos, se aplique en limpar a súa
Lugo, a 2 de novembro de 2011.- O PPdeLugo insiste en recomendarlle humildade ó cabeza de lista dos socialistas ó Congreso e ministro de Fomento José Blanco. Para os populares a “verdade” á que apela José Blanco no seu periplo pola provincia pero que non di é que non cumpriu case nada do que prometeu, e aí está a longa lista de infraestructuras paralizadas ou reprogramadas que continuarán pendentes de execución cando el abandone o seu cargo de ministro. Unha realidade, recalcan, contrastable.
Neste senso, os populares, ó tempo que fan constar que nin José Blanco foi o primeiro ministro de Fomento que tivo España nin será o último, convídano a que antes de falar de follas de méritos ou desméritos, principie por limpar a súa, que nestes intres está lonxe de ser digna de eloxio. Todos os lucenses, e os españois no seu conxunto, están a agardar que dé a cara e que dé as explicacións pertinentes que se negou a ofrecer en sede parlamentaria. Trátase, en definitiva, de que os actos de José Blanco sexa coherentes coas súas palabras e que, en definitiva, se aplique a sí mesmo o que con tanta vehemencia pedía ós demáis.
Para o PPdeLugo, que José Blanco volva a estas alturas, cando está a punto de cesar no Ministerio de Fomento, a insistir en dar novos plazos para a dotación das obras que promete cada catro anos en campaña é un insulto á intelixencia e sobre todo á paciencia dos lucenses. E pretender dar unha lección de lucensismo e de amor a súa terra natal cando os mapas de infraestructuras continúan aparecendo en branco na provincia de Lugo é unha provocación que non pode quedar sen censura. Unha censura que os populares agardan que se materialice o vindeiro día 20.