Site icon Crónica3.com A Mariña

Alumnos do IES Porta da Auga interviron no congreso da Asocación de Ensinantes de Ciencias de Galiza

Nota de prensa:

No día de hoxe, sábado 19 de novembro, unha representación de tres alumnos e un profesor do IES Porta da Auga tivo unha intervención no congreso da Asociación de Ensinantes de Ciencias de Galicia que tivo lugar estes tres días na Fonsagrada.
Os tres alumnos, Andrea Vilar Álvarez, Pablo Ramos Muras e Marcos Regodeseves López, acompañados polo profesor Antonio Gregorio Montes, presentaron na comunicación “As Feiras de ciencia como investigación e fiestra. Unha mostra” diversos traballos de anteriores Feiras de Ciencia ós profesores participantes no evento. Entre outros, foron expostos traballos sobre redes wifi en Ribadeo, relación entre tamaño e tempo de formación das pingas de auga, o pegamento dos chicles e un programa-suite para Nintendo DS.
Adxúntase foto dun momento da participación

Exit mobile version