A masiva afluencia de persoas ao magosto do Valadouro esgotou a maior parte das existencias
redac
Nota de prensa
A edición da XXII edición do Magosto Popular de O Valadouro, que organizou o concello en colaboración coa Excma. Deputación Provincial de Lugo, tivo un rotundo éxito de participación de veciños da vila e de puntos próximos ata chegar ó punto de esgotarse a maior parte das existencias previstas para evento.
En primerio lugar, o valadourense Miguel Vila presentou o seu ultimo traballo ante un numeroso público que se interesou por facerlle moitas preguntas e que deu paso ós larpeiros Benigno Campos e Tomás Alonso que nos prepararon unha “magrete de pato con puré castañas” para que unha parte do público alí presente poidera degustar e probar despois de aprender como se fai esta receta de cociña.
Pouco despóis, comezou o magosto propiamente dito e que chegou a encher con centos de persoas o pavillón polideportivo municipal de O Valadouro para probar os algo máis de 200 kilos de castañas asadas que se serviron,… 200 chourizos asados, 50 kilos de panceta,…. 150 litros de viños e 32 litros de queimada… pan…
Todo esto estivo amenizdo polo grupò musical Fenix que animou a xornada a moitos vecños, visitantes e amigos nunha xornada nq que se exaltaba o produto tipico do outono como é o caso da castaña.