Superada unha xornada electoral vibrante, na que o conxunto dos españois apostan polo cambio e outorgan ao Partido Popular unha maioría histórica tamén, no mesmo sentido e con maior intensidade os votos dos veciños da Mariña lucense teñen contribuído ao vuelco electoral. Como xa fixeron o pasado mes de maio, os mariñáns outorgan unha maioría clara, rotunda e incontestable ao PP para que sexa quen xestione a súas administracións públicas, cando maior sentido común e rigor se espera delas.
A Mariña tamén puxo o seu grao de area para que un militante do PPdeG, un galego, Mariano Rajoy vaia a ser o próximo presidente do Goberno de España. A vontade dos veciños desta comarca, expresada de xeito libre e democrático no resultado das furnas, arroxa un balance cos seguintes cinco datos a salientar:
1. O PP consolídase como a forza maioritaria da Mariña: Así os populares superan en preto de 7.000 votos á suma do PSOE e do BNG, e converte ao PP na formación política máis votada en todos os concellos desta comarca.
2. O PP consegue a maior porcentaxe de votos dos últimos procesos electorais ao achegarse ao 57%. Isto significa que case seis de cada dez mariñáns deron o seu voto, outorgaron a súa confianza ao Partido Popular.
3. O PP na Mariña lucense consegue un respaldo superior que a media provincial (superándoa nun punto), e moito maior que a media autonómica (cinco puntos máis) e estatal (doce puntos máis).
4. O PP é a forza máis votada no cen por cen dos concellos da Mariña. Así que, de extrapolarse este dato nas municipais todos as alcaldías serían do PP, que obtería en todos e cada un destes municipios a maioría absoluta.
5. Mentres que o PP na Mariña lucense ve incrementado o respaldo electoral en case 3.000 mil votos, tanto socialistas como nacionalistas perden apoios, no caso do PSOE perde 7.300 votos e o BNG case de 1.100 votos.
Un estupendo resultado na Mariña que vai na mesma dirección positiva que se acada no conxunto da provincia onde o PP crece preto de 12 puntos e arrebata ao PSOE un deputado, polo que serán tres os representantes lucenses do PP no Congreso. Entre eles o mariñán Jaime de Olano. Só o PP, unha vez máis, garante a representación da mariña nas Cortes Xerais.
Os datos son estes: Unha Mariña lucense máis popular que nunca. Pero, a difícil realidade actual, a situación de empresas e familias, e o afondamento da crise obriga a un esforzo de unidade. Máis aló dos slogans cómpre sumar esforzos, pois só xuntos sairemos desta.