Site icon Crónica3.com A Mariña

A farola de Marzán

A FAROLA DE MARZÁN

Son unha persoa que ve día a día o deterioro en canto a limpeza que temos por calquera lado que pasemos polo noso concello de Foz. Da noxo. Sempre un ten a paciencia de esperar un tempo para que reparen, limpen o melloren algunhas cousas. A foto que presento hoxe, non ten cualificativo, a verdade que non sei a ciencia certa o tempo que leva esta farola tirada no chan, pero polo menos mes e medio se o leva. Onde se encontra?, pois ni máis nin menos que na entrada a Foz en Marzán. Non e de recibo ver tirada diante, entre as silvas, dun novo edificio(por certo eu pensaba que cando se acaba unha obra tiña a obriga o construtor de facer as beirarrúas do seu fronte)unha farola do alumeado da estrada e no trozo da base dela, na beirarrúa, un cono sinalizando para non tropezar con ela. Sempre se dixo que “vendo a caseta así seria o can”, os veciños de Foz xa estamos acostumados a ver e ver estas cousas, ademais vivimos neste pobo,e coma se dice ” eche o que hai “, pero os que veñen a este pobo de visita, que pensaran cando a entrada ao pobo xa se encontran con esta decoración. Non sei quen ten que amañar esta aviría pero o que si sei e que quen máis interese ten que ter na súa reparación é o concello. Así que maos a obra, falar menos e facer máis.

Exit mobile version