Nota de prensa
Besteiro comprométese coa modernización da Deputación renovando a súa presenza na Fundación Democracia e Goberno Local
– O Presidente participou este venres en Madrid na xunta na que se renovou o padroado desta entidade tralas eleccións locais. Trátase “do foro permanente de debate máis dinámico en España para modernizalas deputacións”, subliñou Gómez Besteiro
– Unha vintena de entidades locais intermedias de 9 comunidades autónomas forman parte da fundación, que ten como obxectivo coordinar esforzos para mellorala cooperación e asistencia ós Concellos e mellorala eficiencia na prestación de servizos
A Deputación de Barcelona ostenta a presidencia do padroado da Fundación Democracia e Goberno Local, integrada por 19 entidades de 9 comunidades autónomas, que se adhiren de xeito voluntario. Quince delas son deputacións de Galicia, Cataluña, Valencia, Castela-A Mancha, Estremadura, Andalucía e Aragón, os cabildos de Gran Canaria e Tenerife, e os consellos insulares de Mallorca e Menorca.