DECRETO ALCALDÍA Nº 945
ÓRGANO COLEXIADO: PLENO
DATA SESION : 5 DE DECEMBRO DO 2011
CARÁCTER:ORDINARIA
O Alcalde, en cumprimento do establecido no artigo 21.1. c) da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, RESOLVE:
PRIMEIRO: Convocar, para o vindeiro día 5 de decembro do 2011, en primeira convocatoria, sesión ordinaria do Pleno Corporativo, ás 20,00 horas, e dous días despois á mesma hora en segunda convocatoria, en caso de non existir o quórum esixido na primeira, no Salón de Sesións da Casa do Concello, a fin de resolver os puntos incluídos na seguinte
ORDE DO DIA
1º.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DAS ACTAS DAS SESIÓNS ANTERIORES.-
2º.- DACIÓN DE CONTA DOS DECRETOS DA ALCALDÍA DENDE O Nº 747 DO 22 DE SETEMBRO DE 2011, ATA O DÍA DA CONVOCATORIA.
3º.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DA RECTIFICACIÓN DE ERROS NA ORDENANZA REGULADORA DA ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA DO CONCELLO DE BURELA.
4º.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DA RECTIFICACIÓN DE ERROS DA ORDENANZA REGULADORA DA APERTURA DE ESTABLECEMENTOS PARA O EXERCICIO DE ACTIVIDADES NON SOMETIDAS A AVALIACIÓN DA INCIDENCIA AMBIENTAL.
5º.- APROBACIÓN INICIAL, SE PROCEDE, DA MODIFICACIÓN DO REGULAMENTO DE AXUDA NO FOGAR DO CONCELLO DE BURELA.
6º.- APROBACIÓN INICIAL, SE PROCEDE, DA ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO PREZO PÚBLICO DE PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR.
7º.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DA MODIFICACIÓN DOS ESTATUTOS DA MANCOMUNIDADE DE MUNICIPIOS DE A MARIÑA LUCENSE.
8º.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DA SOLICITUDE AO MINISTERIO DE FOMENTO DE INCLUSIÓN DE BURELA NOS INDICADORES DA A-8 E N- 634.
9º.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DA SOLICITUDE DE COMPATIBILIDADE DE ISRAEL ARRANZ CARREÑO (PROFESOR DA ESCOLA DE MÚSICA).
10º.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DA SOLICITUDE DE COMPATIBILIDADE DE ROBERTO BOUZA OROSA (PROFESOR DA ESCOLA DE MUSICA).
11º.- APROBACIÓN INICIAL, SE PROCEDE, DO REGULAMENTO DE ORGANIZACIÓN ACADÉMICA E FUNCIONAMENTO INTERNO DA ESCOLA DE MUSICA DE BURELA.
12º.- APROBACIÓN INICIAL, SE PROCEDE, DO ORZAMENTO XERAL DO CONCELLO DE BURELA DO EXERCICIO 2012.
13º.- MOCIÓNS.
14.- ROGOS E PREGUNTAS.
SEGUNDO: Notificar a presente Resolución ós Sres. Concelleiros membros do órgano colexiado, advertíndolles que, conforme ó disposto polo artigo 12.1 do RD 2568/86 do 28 de novembro, polo que se aproba o regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais, deberán comunicar coa antelación necesaria calquera causa xustificada que implique a imposibilidade de asistir á citada sesión.
TERCEIRO: Que pola Secretaría se poña a disposición dos Sres. Concelleiros a documentación dos asuntos incluídos na orde do día, acompañando á convocatoria copia das actas das sesións anteriores que se sometan a votación, no seu caso.