Site icon Crónica3.com A Mariña

A asociación A Sombriza de San Cibrao fallou o concurso de carteis do Día contra a violencia de xénero

Nota de prensa

Co gallo dos actos organizados polo 25 de novembro, día internacional de loita contra a violencia machista
CARLA MÉNDEZ GARCÍA GAÑADORA DO CONCURSO ESCOLAR DE CARTEIS PARA A SENSIBILIZACIÓN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO CONVOCADO POLA SOMBRIZA
· O premiado obterá unha tablet pc e o seu cartel impreso será distribuído por distintos centros educativos da nosa comarca.
· No certame artístico, que celebra a súa terceira edición participaron 37 alumnos ou grupos de secundaria de todos os institutos da Mariña lucense.
Cervo, 26 de novembro de 2011.- A xove mariñá Carla Méndez García, de 17 anos, foi a ganadora da última edición do concurso organizado de carteis para a sensibilización contra a violencia de xénero pola asociación cultural A Sombriza . A través desta actividade o colectivo cultural pretende concienciar e sensibilizar á sociedade da Mariña e, de xeito destacado, ás xeracións máis novas, para que se comprometan na erradicación da violencia machista.
O GAÑADOR RECIBIRÁ UNHA TABLET PC
Ata 37 alumnos/grupos de alumnos de todos os institutos de secundaria da nosa comarca convertéronse por un día en publicistas e elaboraron as súas propostas de carteis co que chamar á atención no combate desta violencia sexista. O xurado, agasallará á alumna gañadora cunha tablet pc e destribuirá o cartel de imprenta por todos os centros educativos da comarca.
O colectivo cultural destaca a alta calidade dos carteis participantes nesta edición elaborados con distintas técnicas ifnormáticas e cargados de mensaxes positivos para sensibilizar e comabater esta práctica
Carla Méndez García GAÑADORA.
Ana Uría Moreda 1º FINALISTA

Exit mobile version