Site icon Crónica3.com A Mariña

A APA do Sagrado Corazón de Jesús de Ribadeo foi ver os bombeiros de Barres e a maqueta do tren de Vilaoudriz

Nota de prensa

Actividades de APA do Colegio Sagrado Corazón de Jesús de Ribadeo.
Por dous sábados consecutivos, a APA desta escola organizou dúas actividades lúdico-culturais.
O sábado día 12 de novembro, preto de 80 participantes, entre nenos e pais, acudiron ó parque de Bombeiros de Barres, para ver unha demostración do traballo que desenrolan éstes, así como do propio funcionamento do parque.
Tanto adultos como nenos, quedaron encantados co trato recibido polos bombeiros, que ademais dunha gran profesionalidade, amosaron ser grandes persoas polo trato dispensado ós asistentes.
Xa o sábado día 19 de novembro, organizouse unha visita á maqueta do tren de Vilaoudriz, que ten construída D. Luís Sanjurjo, na sua casa de Porto (Ribadeo). Nesta ocasión, a visita foi só para socios da APA, e acudiron máis de corenta persoas. A familia Sanjurjo acolleu ós visitantes cunha gran hospitalidade.
Puidose desfrutar desta maqueta, escoita-las historias contadas por D. Luís e facer un pouco de lembranza sobre o que foi o tren de Vilaoudriz, do que xa poucos teñen coñecemento.
Este tren era o que transportaba o mineral de ferro, dende as minas da Pontenova ata o cargadoiro de Ribadeo, onde era embarcado para o seu transporte marítimo.
Ademais, o tren tamén tivo a súa importancia na zona como medio de transporte, pois tamén tiña as súas liñas de pasaxeiros. Finalmente desapareceu e hoxe en día só nos queda algunha parte do seu traxecto aproveitado como senda verde, algunha área recreativa e sobre todo, algunhas ruínas que amosan a importancia que tivo.
D. Luís Sanjurjo, tamén amosou dúas maquetas de barcos, un cargueiro de madeira que chegaba ata o porto de Vegadeo e outro máis pequeno que chegaba ata o mismísimo Porto e que traia material para a fábrica de fertilizantes que existía alí.
Unha tarde de sábado na que todos aprendemos un pouco máis da nosa historia, esa que nunca se debera esquecer.
Moitas grazas á marabillosa familia Sanjurjo.

A.P.A Colegio Sagrado Corazón de Jesús

Exit mobile version