Organizada pola OMIX do Concello do Valadouro este pasado sábado 22 de outubro celebrouse a XII Xornada Micolóxica. Houbo que suprimir a saída habitual ao contorno da Fraga Vella para a recolección pola seca deste outono. Non obstante celebrouse a cea con 36 apuntados que desfrutaron dun orixinal menú baseado nos cogomelos na cafetería da Casa da cultura.
