Nota de prensa
Unha emenda do BNG obriga a Portos a executar obras de mellora no porto de San Cibrao antes que remate o ano 2011.
O PP presentara unha iniciativa propagandística sen prazos de execución
Cervo, 4 de outubro de 2011. A Comisión 8ª de Pesca e Marisqueo celebrada hoxe no Parlamento Galego permitiu garantir obras de mellora no peirao de San Cibrao demandadas pola asociación Club Náutico de San Cibrao que aglutina a números socios vinculados ao mundo marítimo, á pesca e os deportes náuticos. En concreto debatíase unha iniciativa presentada polo PP para executar unhas obras que permitirán crear unha zona de resgardo de embarcacións na plataforma portuaria de San Cibrao, curiosamente esta actuación xa fora comprometida fai un ano polo Xefe de Portos en Lugo pero aínda estaba sen executar. A emenda do BNG que foi aprobada da concreción á iniciativa, garantindo que as actuacións cumpran coa normativa medioambiental, que a infraestrutura conte con cuberta e a súa execución remate antes de finais do 2011.
A emenda do BNG garante a cuberta da actuación e a súa execución dentro deste ano 2011.
A emenda presentada e aprobada hoxe no Parlamento polo BNG foi acordada con membros da directiva do Club Náutico de San Cibrao que despois de agardar mais dun ano pola execución de obras de mellora no porto de San Cibrao que xa estaban comprometidas, temían que rematase o ano 2011 sen estas actuacións que permitirán contar cunha zona de resgardo en terra para as embarcacións. En concreto a emenda aprobada hoxe e defendida polo parlamentar nacionalista, Bieito Lobeira, obriga a Portos de Galiza nos seguintes termos: “As obras previstas garantirán o cumprimento das normas medioambientais existentes, e dotarase á infraestrutura prevista de cuberta. A súa execución non se prolongará máis alá de xaneiro de 2012.”
A iniciativa de Balseiro ademais de propagandistica non garantía a execución da obra con rapidez.
A iniciativa do PP asina polo concelleiro e parlamentario, José Manuel Balseiro, ademais de ser propagandística xa que estas actuación xa foran acordadas polo Xefe Territorial de Portos en Lugo coa directiva do Club Náutico Sancibrense fai un ano, nin concretaba a garantía dunha zona cuberta nin prazos de execución. Os nacionalistas lembran que Balseiro tenos acostumados a anuncios de todos tipo que finalmente desaparecen dos programas de actuación de Xunta e puxeron como exemplo a construción dunha goleta e un porto deportivo en San Cibrao.