NOTA DE PRENSA.-
XXIIIª TIRADA DE BOLOS – XIIª SUB 16 – IIIª LIGA FEMININA
(TEMPORADA 2011/2012)
Organiza: Concellería de Cultura do Concello de Xove
Colaboran: IES Illa de Sarón de Xove
INCIDENCIAS DA 4ª TIRADA
(Campo Fútbol de Xove – Sábado, 29 de outubro 2011)
CAMPEONATO DE BOLOS DE CAMPO DE FÚTBOL DE XOVE (29 OUTUBRO 2011 ) 38 INSCRITOS: 23 NA LIGA SENIOR, 7 NA LIGA SUB 16 E 8 NA LIGA FEMININA | |||
CLASIFICACION | NOME | TANTOS | PUNTOS |
LIGA SENIOR | |||
PRIMEIRO | GINÉS RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ | 223 | 12 |
SEGUNDO | ANDRÉS RODRÍGUEZ RAMOS | 220 | 10 |
TERCEIRO | JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ | 218 | 8 |
CUARTO | ARTURO RODRÍGUEZ ÁLVAREZ | 193 | 7 |
QUINTO | JORDI MEITÍN SERANTES | 189 | 6 |
SEXTO | ARTURO VIGO CASABELLA | 183 | 5 |
SÉTIMO | FRANCISCO PÉREZ GONZÁLEZ | 182 | 4 |
OITAVO | CÉSAR CANCELOS LÓPEZ | 181 | 3 |
NOVENO | SÓCRATES CAMPO SUÁREZ | 164 | 2 |
DÉCIMO | JOSE VIGO LAGE | 160 | 1 |
MELLOR BOLADA | GINÉS RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ | 85 | 1 |
LIGA SUB 16 | |||
PRMEIRO | ISAIAS CARDOSO RODRÍGUEZ | 114 | 6 |
SEGUNDO | SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ | 96 | 4 |
TERCEIRO | DANIEL LÓPEZ FERNÁNDEZ | 80 | 3 |
CUARTO | GONZALO FERNÁNDEZ SILVA | 60 | 2 |
QUINTO | LARA DOMÍNGUEZ BAÑO | 31 | 1 |
MELLOR BOLADA | ISAIAS CARDOSO RODRÍGUEZ | 53 | 1 |
LIGA FEMININA | |||
PRMEIRO | LEONOR CASABELLA RODRÍGUEZ | 96 | 6 |
SEGUNDO | CARMEN ROCA CORRAL | 87 | 4 |
TERCEIRO | BELÉN MEITÍN ROUCO | 85 | 3 |
CUARTO | DOLORES BAÑO FRAGA | 72 | 2 |
QUINTO | SALOMÉ BERMÚDEZ BEN | 33 | 1 |
MELLOR BOLADA | DOLORES BAÑO FRAGA | 50 | 1 |
-Tarde moi agradable cun sol expléndido. 38 inscritos: 23 na Liga Senior Masculina, 8 na liga SEnior Femenina e 7 na Liga Sub 16.
Liga Senior Masculina.- Espectacular victoria de Ginés Rodríguez, quen despois de dúas semanas sen participar realizou unha tirada expléndida, acadando tamén a mellor bolada, e batindo nos últimos instantes a José Rafael González, que ía destacado despois das dúas primeiras boladas. Esta victoria permítelle a Ginés encaramarse á terceira posición na táboa con 20 puntos. O segundo posto nesta tirada foi para Andrés Rodríguez, quen tamén sobrepasou os douscentos tantos, e con 15 puntos ascende da 12ª posición á 7ª, compartindo posto con Sócrates Campo. Por outra banda, o gran animador da tarde foi José Rafael González que por segunda semana consecutiva acadou o terceiro posto, confiándose na última tirada o cal lle costou seguramente a victoria neste campo. Así e todo, cos 8 puntos acadados, José Rafael pasa da 8ª á 4ª posición, ubicación máis acorde coa súa categoría, xa que se trata do vixente campión e un dos grandes animadores e favoritos finais a facerse co trunfo final. A clasificación encabézaa outra semana máis Arturo Vigo con 37 puntos, gracias aos 5 puntos acadados nesta tirada. Segundo continúa Luis Rancaño con 26 puntos e que non participou nesta tirada; realmente unha pena, xa que Luis foi operado dunha rodilla e vai estar de baixa os vindeiros meses; toda unha mágoa para un xogador que comezou a temporada cun nivel moi alto e cunha gran motivación. Dende aquí queremos desexarlle unha pronta recuperación, esperando velo con nós o máis asiña posible.
Liga Senior Feminina.- Victoria sorpresa de Leonor Casabella, quen pasa do 7º ao 3º posto na xeral. Líder sigue Carmen Roca con 20 puntos, ampliando a súa vantaxe sobre Belén Meitín que é segunda con 17 puntos. O terceiro posto está compartido pola citada Leonor e por Dolores Baño, a vixente campiona, quen segue sen arrancar, mostrándose moi irregular.
A Vindeira tirada vai ter lugar na Bolera do CENTRO SOCIAL DE O CRUCEIRO NA PARROQUIA DE XUANCES, O VINDEIRO SÁBADO, 5 DE NOVEMBRO DE 2011.