Site icon Crónica3.com A Mariña

Os orzamentos da Xunta para 2012 non reflexan, por primeira vez, ningunha actuación concreta no concello de Foz, explia o PSOE

Nota de prensa

OS ORZAMENTOS DA XUNTA DE GALICIA PARA O 2012 NON REFLEXAN, POR PRIMEIRA VEZ NA HISTORIA, NINGUNHA ACTUACIÓN CONCRETA PARA O CONCELLO DE FOZ

-O Goberno Autonómico ademais de reducir a partida presupostaria en toda a comarca, “incrementará nun 141% o recibo da auga”

-En materia sanitaria, a novidade consistirá en que “todos pagaremos 10 euros pola posesión da tarxeta sanitaria ou pola súa renovación en caso de perda”

O Partido Socialista de Foz, trala presentación por parte da Xunta de Galicia dos orzamentos para o vindeiro ano 2012, denuncia que “por primeira vez na historia o Goberno Autonómico non concede ó Concello de Foz ningunha partida presupostaria con nome e apelidos, na que se especifiquen actuacións de mellora para o municipio”.

Obras coas que se comprometeu incluso o señor alcalde, Javier Castiñeira, como son a residencia de maiores e a mellora da zona portuaria “non se reflexan en ningunha parte destas contas”.

Os socialistas advirten que “ademais de reducir drásticamente a programación presupostaria, incrementarán o gasto de tódalas familias do Concello e da Comarca, pois a partires de xaneiro do vindeiro ano, incrementarán nun 141% o recibo da auga”. Non contentos con isto, “en materia de sanidade notaremos novos cambios, non no Plan Director para ampliación do Hospital da Costa nin na reincorporación da ambulancia que nos acaban de eliminar ou en melloras no servizo de urxencias no noso concello. Non, a novidade será que todos teremos que pagar 10 euros pola posesión da tarxeta sanitaria, así como por renovala en caso de perda”.

Emendas ós orzamentos

Ante estas medidas do Goberno do señor Feijóo, os socialistas de Foz presentarán no Parlamento de Galicia unha serie de emendas ós presupostos para que se reflexen partidas con nome e apelidos que aseguren certas actuación no municipio.

A residencia de maiores, con 600.000 euros.
Mellora do porto de Foz e dragados, 1.500.000 euros.
Aglomerado en quente na estrada Fazouro – San Acisclo, 300.000 euros.
Gardería Infantil, 500.000 euros.
Limpeza de ríos e Plan de Emprego, 500.000 euros.

Exit mobile version