
Unha veintena de mulleres compartiron esta xornada que as levou en tren ata San Juan de Moldes para despois camiñar e percorrer lugares como Villadún, Lois, Muiños e Figueiras. Desde alí voltaron a Ribadeo en lancha despois de disfrutar deste domingo en Castropol. A vindeira ruta dos Domingos a pé será o 6 de novembro a San Cibrao (Cervo).