Nota de prensa
A SITUACIÓN DE ABANDONO DO CONCELLO DE FOZ
No relativo ao servizo de limpeza, e, en concreto, de recollida de lixo, foron moitos os focenses que me trasladaron o seu malestar polo estado actual existente no noso concello.
Un bo exemplo do referido, entre outros, o atopamos en pleno centro da miña parroquia, Vilaronte, observando o colector de vidro que se amosa na fotografía adxunta, cuio noxento aspecto fala por sí so, xa que leva sen baleirar ó redor de dous meses, e que, ademáis, está indebidamente colocado enriba da acera osbtaculizando o paso dos peóns.
O Grupo Municipal do PSdG – PSOE de Foz xa denunciou públicamente esta situación en varias ocasións, tendo en conta as queixas achegadas por numerosos veciños.
Así mesmo, no Pleno Ordinario da Corporación Municipal que tivo lugar o pasado 29 de setembro, efectuouse polo noso Grupo unha pregunta ao actual Alcalde neste senso, co obxecto de que o equipo de Goberno tomase medidas para solventar este problema, pero a xulgar por esta imaxe, e polas que vemos a diario tódolos focenses, continúan a facer caso omiso.
Esperemos que amosando e denunciando públicamente unha vez máis cal é o estado real existente a día de hoxe no noso Concello, este asunto sexa tido en conta polo actual equipo de Goberno para poñer remedio a dita situación, e sirva, de paso, para que se den unha volta de vez en cando pola nosa vila e polas nosas parroquias.