Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Foz explica que o alcalde recoñeceu no pleno o seu erro e pediu desculpas por ter dito que a rendición de contas do ano 2010 tiña un informe desfavorable

Nota de prensa

Nota de prensa.- 26/10/2011

O PSdG-PSOE de Foz explica que no pleno celebrado no Concello de Foz no día de onte, o Alcalde Sr. Castiñeira recoñeceu o seu erro e pediu desculpas por haber dito, no anterior pleno, que a rendición de contas do ano 2010 tiña un informe desfavorable do Interventor Municipal, cando o que en realidade di dito informe é que era favorable.

Os socialistas reclamaron que se informe o Pleno da subida prevista pola do 141% no canón do recibo da auga e da nova medida do Goberno Autonómico de cobrar 10€ pola tarxeta sanitaria, especificando como e en que casos se vai aplicar este novo imposto.

Así mesmo dentro do apartado de rogos e preguntas, o Alcalde tivo que recoñecer que a fecha de hoxe non existe ningunha partida orzamentaria dentro dos presupostos da Xunta de Galicia, nin para a residencia de Foz nin para o dragado do porto.

Di o Sr Castñeira que existe o compromiso da Xunta de levar a cabo estas actuacións, pero os socialistas pedíronlle, que tome cartas no asunto para que esas asignacións figuren con partidas especificas dentro dos orzamentos para o ano 2012 do Goberno Autonómico como figuran as futuras residencias dos Concellos de Paredela ou Baleira con unha dotación clara de 600.000€

O Sr. Castiñeira, non foi quen de aclarar os grupos da oposición, si estaba xa realizado o estudio de viabilidade, ese do que tanto falou o Sr Balseiro, que ía elaborar a Xunta para a construcción da residencia e centro de día.

Foi aprobada por unanimidade unha moción para solicitar a Deputación, que os cartos que tiña destinados para facer o proxecto da residencia, por certo desprezados a tal fin polo Alcalde, chamándolles limosna nos medios de comunicación, puidesen ser destinados a outro fin dentro do apartado de Servizos Sociais no noso Concello. Esta moción do grupo UNIFOZ foi votada favorablemente polo grupo Socialista posto que consideramos que calquera inversión que poida vir para Foz sempre é importante.

Exit mobile version