Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP defende os presupostos do goberno galego para a comarca

Nota de prensa

O deputado popular defende o investimento previsto polo Goberno galego na comarca e lembra que desde que o PP chegou á Xunta non deixaron de incrementarse

BALSEIRO “SE OS SOCIALISTAS CRITICAN OS ORZAMENTOS DA XUNTA PARA 2012 POR QUE PERANECÍAN MUDOS CANDO OS DO BIPARTITO ERAN MENOS DA METADE”

Contrasta os 35,7 M€ previstos para o 2012 cos só 14,9 que presupostou a Xunta bipartita no 2009

Mentres que o treito de competencia da Xunta do corredor da costa está en obras, o tramo estatal “nin está en execución, nin se sabe por onde pasará”

Santiago, 22 de outubro de 2011.- O deputado popular Jose Manuel Balseiro asegurou que se os socialistas critican os orzamentos da Xunta de Galicia para 2012 non se entende a razón pola que permanecían mudos cando os do bipartito eran moito inferiores, e achegaban menos da metade dos investimentos previstos na actualidade.

O parlamentario mariñán lembra que mentres o ano que vén a Xunta achegará 35,7 millóns de euros para obras ou servizos con destino concreto na nosa comarca, os últimos presupostos elaborados por socialisatas e nacionalistas -en 2009- só eran de 14,9 millóns de euros.

Jose Manuel Balseiro dixo que, por exemplo, o PSOE está a criticar a partida orzamentaria destinada ao treito estatal do corredor da costa, cando eles non están a cumprir cos tramos da súa competencia. “Mentres que todo o mundo pode comprobar como avanzan as obras do corredor entre San Ciprián e Celeiro, o tramo de competencia estatal nin está en obras, nin aínda ten sequera determinado por onde vai a pasar”.

O deptuado popular lembrou ao PSOE que se algo na Mariña “nin está, nin se espera” é o “compromiso socialistas con esta terra” mentres que os orzamentos da Xunta desde que chegou o PP á responsabilidade de goberno “creceron cada ano”.

Exit mobile version