Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Ribadeo considera inadmisible o gasto de persoal do concello

Nota de prensa:
O PP DE RIBADEO CONSIDERA INADMISIBLE O GASTO DE PERSOAL

Na tarde do pasado Venres 30 de Setembro, o BNG aprobaba en solitario un orzamento extemporáneo para o ano en curso. Lonxe da súa cacareada promesa de aprobar as contas no primeiro trimestre, fano a tres meses de rematar o ano.

O goberno nacionalista de Ribadeo, amparado nos seus números (7 concelleiros fronte ós 5 de PSOE e PP), deu os seus parabéns, sen oportunidade de consensos, consultas, suxestións ou aportacións de ninguén, á sua proposta de orzamentos para este ano 2011. A “man tendida” da toma de posesión converteuse en “porque o digo eu” dende o primeiro día de goberno. Están no seu dereito de facelo porque o pobo de Ribadeo respáldounos cos seus votos, pero non parece ético que proclamen o talante por baluarte das suas accións e, na realidade, apliquen o “rodillo”, botándonos en cara, incluso, que os plenos son demasiado longos, pretendendo coartar o noso dereito (á par que obligación co pobo de Ribadeo) de fiscalizar o seu exercicio de goberno. Unha semana para que a oposición (sen liberación coma o Concelleiro de Economía e Facenda ou adicación exclusiva ó Concello coma o Alcalde), estudiara os centos de folios da documentación; dous turnos de intervención e pecha o alcalde sentenciando durante vinte minutos sen posibilidade de réplica. Así se desenvolveu a sesión plenaria, con toda a legalidade pero falto de todo respeto á labor da oposición.

Ó noso entender, o orzamento aprobado é desmesurado, irreal, esaxerado a todas luces; un relatorio dos gastos incorridos neste ano a piques de rematar que tratan de concordar con uns ingresos inflados todo o necesario.

O capítulo máis sobresaínte, posto que é, de largo, o maior do orzamento, resultou ser o de gastos de persoal que ascende a 3.877.170,54 Euros. O Partido Popular retrotraéuse ó orzamento do seu último ano completo de goberno, o 2002, observando que a partida para gastos de persoal ascendía entonces a 2.285.876,48 Euros; é decir, que nos 4 anos de goberno bipartito PSOE-BNG e nos anteriores catro anos dos nacionalistas, aumentou o gasto neste concepto en 1.591.294 Euros (uns 270 millóns de pesetas), estando preto de duplicarse.

Ademáis, o orzamento de 2.011 incrementa a partida de persoal con respecto ó do ano 2.010 en 82.000 Euros, sendo este feito inadmisible posto que, de seguir con este tipo de progresión, acabará por levar á quebra as arcas municipais.

Pero non só dilapidan o diñeiro dos ribadenses no pago de salarios senon que seguen unha política de contratación que está a resultar nefasta e máis que gravosa para o peto do concello. Deberán afrontar neste ano 111.902,02 Euros en concepto de execución de sentenzas xudiciais condenatorias en materia de persoal.

E para remate, o alcalde amosou a incoherencia do goberno e o doble xogo que realizan dentro do concello e cara á opinión pública. O Sr. Suárez presume de exercer “manu militari” a súa labor de xefe de persoal, como toda Galicia puido ver nos medios de comunicación este verán, deixando en evidencia a un colectivo enteiro para gloria do seu “ego” e da súa imaxe de severo administrador dos diñeiros de todos coa presión sobre os xa “mal vistos” funcionarios. Pero, mentres somete ós traballadores a escarnio público con unha man, coa outra aproba unha previsión de 26.900 Euros en concepto de “gratificacións” e 59.614,99 Euros de “incentivos de productividade”.

Estes números venen a demostrar a ineficiencia dun goberno atado pola sua displicencia á hora de incorporar persoal de confianza e técnicos en cada delegación para descanso do concelleiro responsable da mesma e do alcalde que tan só tenen que adicarse a vender a través do seu gabinete de propaganda que pagamos tódolos ribadenses.

Exit mobile version