Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela convoca unha asamblea de afiliados e simpatizantes para presentar as liñas clave do traballo da campaña electoral

Nota de prensa

O PP de Burela convoca unha asamblea de afiliados e simpatizantes para o dìa tres de novembro.

Presentaràn as liñas clave do traballo da campaña electoral e os actos pùblicos da mesma.

Burela, a 29 de outubro de 2011.- O comitè local do PP burelès vèn de convocar unha asamblea de afiliados e simpatizantes para o vindeiro xoves, dìa tres de novembro, às oito da tarde, na antiga biblioteca burelesa, co fin de ultimar os detalles da campaña electoral do 20 de novembro.

Durante a asamblea, daranse a coñecer à militancia do partido as liñas bàsicas do traballo a desenvolver durante a campaña, asì como os distintos actos pùblicos que se levaràn a cabo.

Desde o comitè local do partido, queren deixar constancia de que desde hai semanas se vèn traballando xa na organización da campaña electoral, asì como no propio deseño do traballo interno dentro do partido. Por ejemplo, se realizaron oito reuniòns con veciños noutros tantos locais de Burela; està funcionando a comisiòn de coordenaciòn interna, que tèn como obxectivo unha relaciòn de perfecta fluidez entre o grupo municipal e o propio partido, e tamèn se constituiu e està a funcionar o comitè de campaña.

Por outra banda, o PP burelès està a concluir a organización dos axentes electorais que participaràn de forma activa durante a campaña electoral. Nas elecciòns municipais os populares bureleses movilizaran a un total de cincuenta e cinco axentes electorais e para esta pròxima cita electoral confìase en que alomenos esta cifra se manteña.

Exit mobile version