Site icon Crónica3.com A Mariña

O POSE de Cervo di que se reforza o peche da praza dos Campos porque eles trasladaron a petición dos veciños

Nota de prensa:
O CONCELLO REFORZA O PECHE DA PISTA DA PRAZA DOS CAMPOS TRALA PETICIÓN PRESENTADA POLOS SOCIALISTAS A PRINCIPIOS DE SETEMBRO

-O GMS subliña que “trasladamos a solicitude dos veciños a través do rexistro, pois esa é a nosa obriga”

-Esperan que esta sexa a tónica habitual de actuar por parte do equipo de goberno, “que teñan en conta as nosas propostas”

CERVO, 8 DE OUTUBRO. Os membros do Grupo Municipal Socialista amosaron a súa satisfacción logo de coñecer as últimas declaracións do alcalde, Alfonso Villares, nas que anunciaba o reforzo do peche da pista polideportiva da Praza dos Campos.

Os socialistas lembraron que “a principios do pasado mes de setembro, fomos nós os que solicitamos a través do rexistro que se fisexen as xestións oportunas para mellorar a seguridade desta praza, limitando dalgunha maneira esta pista do resto das áreas. A mestura de distintas zonas para diversos usos podía ocasionar problemas e incomodidades para tódolos usuarios”.

Precisamente, os máis interesados na mellora da seguridade na Praza dos Campos eran os veciños, pois así o demandaban, e nós, como Grupo Municipal “trasladamos de inmediato as queixas ó Concello para que se levasen adiante os trámites oportunos, pois esa é a nosa obriga”.

Dende o GMS esperan que esta sexa a tónica habitual de actuar por parte do equipo de goberno, “que teñan en conta as nosas propostas, porque o único que pretendemos é comunicar as peticións dos veciños ou mellorar, sempre que se poida, a calidade de vida no noso municipio. Esperemos que continúen nesta dirección”.

Exit mobile version