Site icon Crónica3.com A Mariña

O grupo de sendeirismo da ACD Xove visitará o Caurel

O domingo 16 de outubro o grupo de sendeirismo da ACD Xove fará a ruta “A devesa da Rogueira”. É unha ruta de dificultade media, cunha distancia de 15 quilómetros, considerada como unha xoia da botánica galega. Para inscribirse hai que facelo na piscina municipal de Xove. A cuota de inscrición son 12 euros para socios e 15 para os non socios.

Exit mobile version