Nota de prensa
O EQUIPO DE GOBERNO ESTUDIARÁ NAS VINDEIRAS SEMANAS A POSIBLE TRANSFERENCIA AO CONCELLO POR PARTE DE FOMENTO DA TOTALIDADE OU DUNHA PARTE DAS VÍAS DE SERVIZO DA VARIANTE DE BURELA. ASÍ O VEN DE ANUNCIAR GONZÁLEZ BARCIA.
Burela, 1 de outubro de 2011. A Demarcación de Estradas do Estado en Galicia plantexáballe ao Concello de Burela unha proposta que o equipo de goberno vai estudiar ao longo das vindeiras semanas. Trátase da transferencia ao Concello da totalidade ou de parte das vías de servizo da variante de Burela, segundo ven de anunciar o alcalde, José María González Barcia.
O rexedor lembrou que “a variante de Burela é de titularidade estatal. Despois de que se fixese esta vía no 2006 o Concello asinou un convenio con Fomento para a cesión da actual travesía municipal, do que é Arcadio Pardiñas desde o límite con Foz ata o límite con Cervo, para a súa cesión ao Concello de Burela. Eso supuxo un investimento de 850.000 euros aproximadamente, que se investiron no ensanche e mellora das curvas de A Marosa en dirección saída cara Cervo desde Burela”.
González Barcia explicou que “a variante de Burela ten varias vías de servizo, unha delas é especialmente usada, que é a que vai desde o hospital ata a nave municipal de obras e ata os depósitos de auga. Ese tramo podería ser interesante que pasara a ser de competencia municipal, a parte doutras”. O alcalde de Burela sinalou que “o tipo de cesión que Fomento propón pode ser gratuita, é decir nós facémonos cargo desa vía de servizo nas condicións nas que se atopa, ou pode ser cunha compensación económica, co cal nós recibiríamos ese vial cuns cartos adicionais para poder acondicionala como nós quixéramos”. E engadiu que “ese tema é o que estudiaremos porque ao mellor non nos interesa, evidentemente, recoller gratuitamente todas as vías de servizo que ten a variante, pero igual algunha sí, e negociar os cartos que se poderían dar por parte de Fomento ao Concello de Burela polo resto das vías de servizo que ten a variante, especialmente polas que están ao norte de Burela”.
O rexedor burelés indicou que “foi un plantexamento que se puxo enriba da mesa no encontro que mantivemos o pasado martes na Coruña e que nós estudiaremos con calma e detemento. Tamén valoraremos o estado das vías de servizo, porque non é mesmo recoller de forma gratuita un vial de servizo que estea en boas condicións porque teña sido reparado últimamente, que non recoller un vial que estea en mal estado e logo ter que reparalo nosoutros porque eso suporíalle un gasto adicional ao Concello e na situación de crise na que estamos non o poderíamos facer”.
José María González Barcia subliñou que “neste mesmo contexto das boas relacións que o Concello mantén coa Demarcación de Estradas do Estado enmárcase a actuación que ese departamento fixo na variante de Burela nas últimas semanas. Agora mesmo están adoptadas as solucións necesarias e suficientes nese punto negro, onde se teñen producido varias salidas de vía para que eses sinistros non volten a producirse. Desde este marco das boas relacións que mantemos pódese chegar a un bó acordo coa transferencia desas vías de servizo ao Concello”.