Site icon Crónica3.com A Mariña

O concello de Burela contrata un profesor de música para dar clase de óboe-fagot e outro para frauta

Nota de prensa

O CONCELLO DE BURELA CONTRATA UN PROFESOR DE OBOE-FAGOT E OUTRO DE FRAUTA PARA A ESCOLA DE MÚSICA. MÓNICA PEDRE SUBLIÑA QUE O EQUIPO DE GOBERNO ESTÁ A MELLORAR A OFERTA EDUCATIVA DA ESCOLA, “CUMPRIMOS O QUE PROMETEMOS”.

Burela, a 22 de outubro de 2011. O Concello de Burela vén de aprobar as bases que rexerán a contratación dun/duna profesor/a de óboe-fagot e de outro profesor ou profesora para dar crase de frauta.

O anuncio foi feito pola edil de Educación e Cultura, Mónica Pedre, que salientou que “un dos requisitos básicos é o de posuír a titulación correspondente en oboe e en frauta. Estes dous profesores pasarán a engrosar a plantilla da Escola de Música de inmediato, unha vez superado o proceso selectivo, que consistirá nunha fase de concurso, na que se valorarán os méritos, e nunha proba práctica”.

A concelleira burelesa manifestou que o procedemento pode quedar pechado no prazo de un mes.

Mónica Pedre fixo fincapé en que “o equipo de goberno do PP cumpre o que di. O alcalde xa manifestou no seu día que a intención era mellorar e ampliar a oferta educativa da Escola de Música e eso é o que estamos a facer. En definitiva, cumprimos o que prometemos. O paso seguinte vai ser traballar para crear unha orquestra co alumnado da Escola, e aínda que este é un proxecto a medio prazo, estou absolutamente segura de que o imos conseguir”.

Pedre manifestou que “a preocupación do alcalde e de todo o equipo de goberno é traballar en beneficio da totalidade do alumnado da Escola, e a eso é ao que temos que destinar os fondos públicos dos que dispoñemos”.

Exit mobile version