Nota de prensa
3 OUROS E 1 BRONCE ACADARON OS ATLETAS DO C.D.EGOVARROS-VIVEIRO NO CAMPIONATO GALEGO DE
10 KM EN RUTA CELEBRADO NA CORUÑA
O pasado domingo celebrouse na Coruña con saída e meta nos xardíns Méndez Nuñez, o Campionato Galego de 10 Km en ruta, cunha altísima participación na que os atletas do clube vivariense volveron a estar a un moi bo nivel na última proba que pechaba a tempada 2010/2011, acadando 4 metais, 3 ouros e 1 bronce.
No apartado femenino o ouro foi para Isabel Brea en W-60 e o bronce foi para a súa compañeira Manuela Guisasola en W-50, mentres no apartado masculino os ouros acadáronos Enrique Río en M-75 e Antonio Hernández en M-65.
Outros atletas do clube estiveron a piques de lograr subir ó podio como Emilio Toral que foi quinto na súa categoría, Eliseo López que acadou a sexta posición e Dolores Ferreiro que foi sexta.
Con esta proba rematou a tempada 2010/2011 e o clube vivariense xa prepara a renovación dos seus atletas e as fichaxes cara a reforzarse para a tempada que ven, tendo xa concretado as fixaches de Victor Sande e Andrés Loureiro procedentes do clube Coruña Comarca, así como Begoña Darriba do Riazor Coruña.