Nota de prensa
CERVO
O BNG PRESÉNTASE AS ELECCIÓNS XERAIS COMO A ÚNICA ALTERNATIVA ÚTIL PARA GALIZA
Os nacionalistas repartiron no mercado de San Cibrao información sobre as súas propostas para o 20-N
Para os nacionalistas as solucións á crise non é ir mais á dereita, a solución é galega e de esquerdas
Somos o equipo da casa e hai que apostar por el por ser a única alternativa útil para Galiza
No reparto informativo realizado hoxe no mercado de San Cibrao participaron entre outros o responsábel local, Ramón Luís Bernardo Insua, Xorxe Caldeiro, membro do Consello Local e Xoán Antón Estúa, portavoz municipal. Os nacionalistas informaron da necesidade de participar nas eleccións xerais do 20-N optando pola única opción útil para o país fronte a outras que durante anos foron a Madrid esquecendo as circunscricións polas que se presentaban, para Xoán Estúa “so a presenza do BNG en Madrid garante que alí se fale dos problemas do pais como ven sucedendo dende fai 15 anos dende que o BNG accedeu ás cortes xerais do estado”
A solución no é ir aínda mais á dereita: a solución é galega e de esquerdas
Para o BNG a solución á actual situación económica non é ir mais á dereita, hai moitas cousa por facer dende unha óptica de esquerdas e en clave galega. Os nacionalistas propoñen a realización dunha política fiscal xusta, que grave ás rendas mais altas en contraposición á suba de impostos indirectos que gravan ao conxunto da cidadanía por igual sen importar o seu nivel de rendas. Hai que suprimir as deputacións ou eliminar ministerios cuxas transferencias xa están cedidas ás comunidades autónomas. Evidentemente hai que voltar á economía produtiva no canto da especulativa que nos levou a esta situación económica e reforzar a capacidade de autogoberno, non pode os partidos españolistas aproveiten a situación económica para facer recentralizacións que non son solución, senón que forman parte dunha posición ideolóxica contraria á actual organización territorial do estado.