Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG quedouse só no Pleno de Lourenzá na oposición ao ERE de extinción de empregos en Mobles Hermida

Nota de prensa:
O BNG quedouse so no Pleno de Lourenzá na oposición ao ERE de extinción de empregos en Mobles Hermida

Cesar Docampo lamentou que PP e PSOE non apoiasen a súa emenda de engádega á proposta da alcaldía que instaba á Consellaría de Traballo, a non aprobar o Expediente de Regulación de Emprego nas condicións propostas por Móbeis Hermida.

Lourenzá, 25 de outubro de 2011. O BNG de Lourenzá reclamou coherencia aos grupos municipais do PP e PSOE na corporación municipal que “din unha cousa e fan outra” ao non aprobar a emenda de engádego á proposta da alcaldía sobre o ERE de extinción de contatos en Mobles Hermida. O nacionalista presentou unha emenda na que propoñía engadir aos puntos de acordo instar á Consellaría de Emprego a non aceptar o ERE nas condicións que presenta a empresa que suporía a perda de arredor de 100 empregos na factoría e un durísimo para moitas familias de Lurenzá e concellos limítrofes.

O BNG considera que este é o momento de apoiar a empresa pero tamén o é de apoiar ao emprego e aos traballadores, por todos estes motivos consideramos lóxico pedir ao órgano regulador competente (consellería de traballo) que interceda polo interese do ben común e rexeite o ERE nas condicións nas que se está a plantexar, que estudie con calma as propostas da empresa e dos traballadores, analice os datos da empresa, a situación actual do mercado e da sociedade e antecedentes que puideran condicionar a toma de decisións, que os seus técnicos estuden e plantexen solucións menos drásticas que non impliquen o despedimento de 100 traballadores nas condicións actuais e posibiliten a continuidade duradeira da empresa.

O nacionalista concretou a emenda de engádego que foi votada por separado da proposta da alcaldía e non contou co apoio do PP e PSOE, cuxo texto de resolución difería da proposta da alcaldía e expresábase nos seguintes termos: 1º e UNICO) Que o Alcalde Presidente recolla como proposta de acordo do referido Pleno Extraordinario Urxente instar a autoridade laboral competente, neste caso a Consellaría de Traballo, a non aprobar o Expediente de Regulación de Emprego nas condicións propostas por Móbeis Hermida.

Exit mobile version