Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG esíxelle ao PP que utilice as competencias da Xunta para evitar os despidos de Mobles Hermida

Nota de prensa:

O PP, SEN NENGÚN TIPO DE VERGOÑA ESTÁ A CONVERTIR O DRAMA DE MUEBLES HERMIDA NUNHA DESGRACIADA COMEDIA.

O BNG ESÍXELLE Á DEPUTADA ÁLVAREZ CHAO QUE EN LUGAR DE FACER DECLARACIÓNS GRATUITAS E QUE RAIAN A RIDICULEZ,ACTÚE PARA EVITAR OS DESPIDOS, POIS A XUNTA TÉN COMPETENCIAS PARA ISO.

As declaracións da deputada popular laurentina Enma Álvarez Chao manifestando que a solución aos cen despidos de Muebles Hermida non está nas pancartas, evidencia por unha banda a súa total falta de respeto aos traballadores e aos laurentinos e mariñáns que acudiron o pasado domingo á manifestación exercendo libremente un dereito democrático, e por outra banda é evidente tamén que con esas declaracións desautoriza á deputada provincial do PP, a mindoniense Elena Candia e ao mesmo alcalde de Lourenzá, Vidal Martínez Sierra que sí acudiron á manifestación. Resulta curioso non só que no PP mariñán haxa dúas posturas ao respecto, senón que dentro do propio grupo municipal do PP de Lourenzá haxa tamén dúas posturas.

Sería bon que o PP mariñán aclarase a cal é a postura “oficial” : estar a carón dos traballadores ou de costas aos traballadores,

Sorprende tamén que unha persoa que ostenta un cargo público, nin mais nin menos que deputada no Parlamento de Galiza afirme que pretende manter reunións cos traballadores en privado e sen ningún tipo de publicidade, ou sexa, sen ningunha transparencia.

E para rematar de ilustrarnos, a deputada Álvarez Chao acusa ao BNG de “pensar só na política”. Pois só faltaría…. que os partidos políticos non pensaran na POLÍTICA, así en maiúsculas, que é como a entendemos os nacionalistas, afirmou o responsable comarcal do BNG, Antonio Veiga.

Exit mobile version