Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG denuncia que a Rede Europea decreta a morte do norte galego e que o goberno se deixe A Mariña sen tren e sen a autovía Barreiros-San Cibrao

Nota de prensa / Moción

A proposta do Goberno significa un investimento cero na Mariña

Os nacionalistas critican que se deixe A Mariña sen tren e se elimine a construción da Autovía Barreiros-San Cibrao

O BNG denuncia que a Rede Europea de Transportes decreta a morte do norte galego.

Unha representación de cargos orgánicos e institucionais do BNG, entre os que se atopaban os Alcaldes de Ribadeo e Riotorto ou o Vicepresidente da Deputación Antonio Veiga,  comparecen na mañá de hoxe no local comarcal da formación para denunciar a “morte para o norte galego”, que segundo os nacionalistas decreta a proposta de Rede Europea de Transportesque ven de aprobar a Comisión Europea a proposta do Goberno do Estado así como as accións de protesta que van levar adiante ao respecto, a comezar pola presentación dunha moción nos diversos Concellos da Comarca así como noutras institucións con representación do nacionañismo.

Segundo o Portavoz Comarcal do BNG, Antonio Veiga, “ a proposta non fai máis que institucionalizar un deseño territorial que marxina ao norte galego, que aumenta as fendas das comarcas de Ferrolterra, Ortegal e A Mariña co resto dos territorios do Estado e de Galiza, que acentúa a nosa condición periférica tanto no plano xeográfico como económico e que afonda na discriminación do noso tecido económico ao aumentar a súa excentricidade en relación cos grandes mercados Europeos. Porén a mesma non ten en conta que as infraestruturas de transportes e comunicacións constitúen un elemento necesario para impulsar o fomento da actividade produtiva e para facilitar a mobilidade de persoas e mercadorías na dupla función que representa para o conxunto do sistema económico, isto é asegurar a conexión básica (interna e externa) do territorio e dos asentamentos residenciais e produtivos localizados no mesmo, así como garantir a eficiencia nos fluxos de persoas e materiais que teñen lugar entre os integrantes do sistema económico”.

Na mesma liña Veiga lembrou que “, non só non recolle un só investimento nas comarcas da Mariña, Ortegal e Ferrolterra senón que mesmamente suprime infraestruturas, xa aprobadas como complemento das redes transeuropeas de transporte, como a conexión da Autovía do Cantábrico co Corredor San Cibrao-Ferrol. No referido as conexións ferroviarias hai que destacar que na proposta aprobada non se recolle o paso de ningunha vía férrea  pola Comarca da Mariña, chegando ao paradoxo que nin se nos conecta coas redes de transporte de mercadorías nin de transportes de viaxeiros, polo Corredor Atlántico nin polo Corredor do Cantábrico. No caso deste último a conexión chega a Santander, dándose a conexión de Xixón a medio do Corredor Central. Tamén compre sinalar que os únicos Portos de Interese xeral do estado que fican sen conexión ferroviaria son os de Xove-San Cibrao e Ferrol. Se ben se recolle na Planificación da Rede Europea de Transportes a dotación do Porto de Xove-San Cibrao (Alcoa) non se destina ningunha partida para acometer investimentos no mesmo así como tampouco se fixa ningunha vía de conexión coas redes transeuropeas o que convida a pensar que non existe ningún tipo de vontade en proceder a apertura do dique norte do Porto de Alcoa. Neste sentido queremos afondar que a posta en servizo desta dotación, tanto no que ten a ver coas obras a cometer no dique como no que se refire nos acesos ao mesmo, o investimento como é sabido non supera os 14 millóns de Euros. Xa por último, no referido a rede viaria hai que sinalar que na planificación que agora se fixa revisase a vía de unión entre a A-8 e o Corredor San Cibrao – Ferrol, estrada que tiña a consideración de Autovía e que agora desaparece, non recolléndose asemade ningún vial de altas prestacións que una a area de Viveiro coa autovía de Vilalba-Ferrol”.

Xa por último o Responsábel Comarcal do BNG indicou que “non se ten conta o potencial económico nin a realidade xeográfica desta área do norte galego que representa o 10.5% da poboación galega, o 10.3% da cota de mercado galega, o 14.0% da actividade industrial de Galiza e o 10.3% da actividade económica galega, en definitiva un espazo definido e diferenciado de 300.000 habitantes e 3.000 quilómetros cadrados de superficie, cunha relevancia económica e social, determinante sin dúbida dentro do PIB galego, que contrasta cunha deficiente dotación de infraestruturas de comunicación, o que dificulta os fluxos de actividade e a inter-relación entre as distintas áreas do territorio, e do conxunto co exterior, constituíndo esta situación un freo importante para o pleno desenvolvemento do potencial existente nesta área xeográfica galega”.

MOCIÓN

EXPÓN
A Rede Europea de Transportes, que ven de aprobar a Comisión Europea a
proposta do Goberno do Estado, non fai máis que institucionalizar un deseño territorial
que marxina ao norte galego, que aumenta as fendas das comarcas de Ferrolterra,
Ortegal e A Mariña co resto dos territorios do Estado e de Galiza, que acentúa a nosa
condición periférica tanto no plano xeográfico como económico e que afonda na
discriminación do noso tecido económico ao aumentar a súa excentricidade en relación
cos grandes mercados Europeos. Mesmamente o actual Plano choca frontalmente coas
propias consideracións da Comisión Europeasobre a necesidade de que as redes
transeuropeas de transporte cubran o territorio dos Estados membros, nomeadamente as
rexións con localización periférica, como é o caso galego, xa que ‘…non é posíbel
admitir que a distancia xeográfica vaia acompañada por un castigo adicional para os
territoriosperiféricos..’ (Decisión 1692/96/CE, actualmente en trámite de revisión).
Porén a Proposta presentada non ten en conta que as infraestruturas de transportes e
comunicacións constitúen un elemento necesario para impulsar o fomento da actividade
produtiva e para facilitar a mobilidade de persoas e mercadoríasna dupla función que
representa para o conxunto do sistema económico, isto é asegurar a conexión básica
(interna e externa) do territorio e dos asentamentos residenciais e produtivos localizados
no mesmo, así como garantir a eficiencia nos fluxos de persoas e materiais que teñen
lugar entre os integrantes do sistema económico.
A propia planificación das infraestruturas que se recolle neste documento,
tampouco ten conta o potencial económico nin a realidade xeográfica desta área do
norte galego que representa o 10.5% da poboación galega, o 10.3% da cota de mercado
galega, o 14.0% da actividade industrial de Galiza e o 10.3% da actividade económica
galega, en definitiva un espazo definido e diferenciado de 300.000 habitantes e 3.000
quilómetros cadrados de superficie, cunha relevancia económica e social, determinante
sindúbida dentro do PIB galego, que contrasta cunha deficiente dotación de
infraestruturas de comunicación, o que dificulta os fluxos de actividade e a inter-
relación entre as distintas áreas do territorio, e do conxunto co exterior, constituíndo
esta situación un freo importante para o pleno desenvolvemento do potencial existente
nesta área xeográfica galega. Pensemos que as comarcas de Ferrolterra, Ortegal e A
Mariña concéntranse importantes enclaves industriais e enerxéticos así como unha
actividade relativamente superior á media galega en sectores como a pesca, a
explotación forestal, industrias extractivas de minerais non metálicos, alimentación,
téxtil, madeira e corcho, química,
metalurxia, transportes e outros, cuxo
desenvolvemento futuro está precisamente condicionado á mellora das infraestruturas
viarias.
A documentación que recolle a Comisión Europea sob o titulo de Rede Europea
de Transportes, cunha duración temporal de seis anos (2014 e 2020) e que establece un
investimento para o conxunto do Estado de 49.800 millóns de Euros, non só non recolle
un só investimento nas comarcas da Mariña, Ortegal e Ferrolterra senón que
mesmamente suprime infraestruturas, xa aprobadas como complemento das redes
transeuropeas de transporte, como a conexión da Autovía do Cantábrico co Corredor
San Cibrao-Ferrol. No referido as conexións ferroviarias hai que destacar que na
proposta aprobada non se recolle o paso de ningunha vía férrea pola Comarca da
Mariña, chegando ao paradoxo que nin se nos conecta coas redes de transporte de
mercadorías nin de transportes de viaxeiros, polo Corredor Atlántico nin polo Corredor
do Cantábrico. No caso deste último a conexión chega a Santander, dándose a conexión
de Xixón a medio do Corredor Central. Tamén compre sinalar que os únicos Portos de
Interese xeral do estado que fican sen conexión ferroviaria son os de Xove-San Cibrao e
Ferrol. Se ben se recolle na Planificación da Rede Europea de Transportes a dotación do
Porto de Xove-San Cibrao(Alcoa) non se destina ningunha partida para acometer
investimentos no mesmo así como tampouco se fixa ningunha vía de conexión coas
redes transeuropeas o que convida a pensar que non existe ningún tipo de vontade en
proceder a apertura do dique norte do Porto de Alcoa. Neste sentido queremos afondar
que a posta en servizo desta dotación, tanto no que ten a ver coas obras a cometer no
dique como no que se refire nos acesos ao mesmo, o investimento como é sabido non
supera os 14 millóns de Euros. Xa por último, no referido a rede viaria hai que sinalar
que na planificación que agora se fixa revisase a vía de unión entre a A-8 e o Corredor
San Cibrao – Ferrol, estrada que tiña a consideración de Autovía e que agora
desaparece, non recolléndose asemade ningún vial de altas prestacións que una a area de
Viveiro coa autovía de Vilalba-Ferrol.
SOLICITA
1º) O Pleno da Corporación insta ao Goberno do Estado a que conecte á
Comarca da Mariña coa rede básica de camiños de ferro de corredores mistos, viaxeiros
e mercadorías, mediante unha liña férrea entre Ferrol e Xixón. Asemade garantirase o
acceso ao mesmo dos principais centros industrias da Comarca, nomeadamente a planta
de Alcoa e ao Porto de San Cibrao. A nova vía garantirá as cercanías ferroviarias.
2º)O Pleno da Corporación insta ao Goberno do Estado a que recolla na súa
planificación a Autovía Barreiros- San Cibrao, como vial de conexión terrestre, entre a
Autovía do Cantábrico e o Corredor San Cibrao-Ferrol.
3º)O Pleno da Corporación insta ao Goberno do Estado a que inclúa o Porto de
San Cibrao – Xove ( Alcoa) na Rede Europea de Transportes a fin de executar a cargo
do mesmo as actuacións que se requiren no dique norte para o seu uso e os accesos ao
mesmo tanto por estrada como por ferrocarril.

Exit mobile version