Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Barreiros pide ao veciños que acudan ao Pleno no que se van modificar e propoñer novas taxas

Nota de prensa:
O BNG ADVIRTE QUE NO PLENO EXTRAORDINARIO DE HOXE SE MODIFICARÁN ALGUNHAS ORDENANZAS E SE SOMETERÁN A APROBACIÓN DÚAS NOVAS.

Barreiros, 25 de outubro de 2011. O BNG advirte que no pleno extraordinario, previsto para ás 19:30 horas de hoxe, no Concello de Barreiros se modificarán algunhas ordenanzas e se someterán a aprobación dúas novas.

Segundo explican os nacionalistas “o pleno é extraordinario e o primeiro punto que se abordará será a elección das persoas que formarán parte das mesas eleitorais o vindeiro 20 de novembro. Pero tamén se inclúen catro puntos para proceder á modificación de ordenanzas e á aprobación de dúas novas (a de taxas por licenzas urbanísticas e a de prestación do servizo da rede de saneamento e depuración de augas residuais). As que se modifican son as dos impostos do ICIO (construccións, instalacións e obras), do IBI e vehículos de tracción mecánica e a das taxas por subministro de auga potable e por recollida de lixo”.

O BNG anima aos barreirenses a acudir a dita sesión plenaria.

Exit mobile version