Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Barreiros considera que as modificacións e creación de taxas e impostos chegan tarde

Nota de prensa

O BNG DE BARREIROS CONSIDERA QUE AS MODIFICACIÓNS E CREACIÓN DE TAXAS E IMPOSTOS CHEGAN TARDE. OS NACIONALISTAS PROPUXERON NO PLENO DE ONTE BONIFICACIÓNS NO ICIO PARA OBRAS DE REFORMA OU REHABILITACIÓN DE VIVENDAS UNIFAMILIARES.

Barreiros, 26 de outubro de 2011. No pleno celebrado onte en Barreiros sometéronse a aprobación a revisión de varios impostos como o IBI, o Imposto sobre Construccións, Instalacións e Obras (ICIO) ou o Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica. Tamén se revisaron as taxas do servizo de augas e lixo e se crearon dúas novas: unha de licenzas de obra e outra por servizos de sumidoiros.

O BNG considera que estas revisións e creación de novas taxas chegan tarde. A portavoz, Ana Ermida, sinalou que “non se fixo esta revisión en épocas boas e agora grávase a veciñas e veciños, ás familias, que son os que peor o están pasando.” Desde o Bloque Nacionalista Galego aseguran que “o caso aínda é máis sangrante no caso do ICIO ou das taxas por licenzas, porque estas novas taxas e impostos a quen van afectar son ás e aos barreirenses que vaian facer obras no concello. As grandes obras, as obras das grandes empresas xa se acabaron, xa teñen as licencias e xa liquidaron este imposto, ousexa que non van sufrir esta suba. Se estas modificacións se tiveran feito cando procedía, podería terse recaudado moito máis, e non a costa das veciñas e veciños. E quizáis agora, teriamos unha situación económica mellor”. Por esta razón os nacionalistas propuxeron no pleno “a introducción no Imposto sobre Construccións, Instalación e Obras dunha bonificación para aquelas obras de reforma ou rehabilitación de vivendas que se levasen a cabo no concello, cuestión á que o noso grupo municipal vinculou o seu voto favorable á suba deste imposto. A introducción da bonificación non foi aceptada, polo que a suba foi aprobada cos votos en solitario do Partido Popular”.

Os nacionalistas tamén insistiron no incremento das taxas da auga. Para o BNG “este incremento debe supor un mellor servizo e unha maior calidade da auga. Non é de recibo que se suban as taxas e que grande parte da poboación non poida consumir auga da billa por sair embarrada ou que, en determinadas parroquias, teñan problemas de suministro en época estival”. Ana Ermida engadiu que “máis da metade do que se prevé recadar con esta taxa vai adicado a cubrir os gastos de persoal deste servizo. Ás obras de mellora na rede de auga se adicarán 20.000 euros, mentras que os gastos de persoal deste servizo superan os 140.000 euros”.

Exit mobile version