Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG asegura que aspira a convertir Alcoa nun imán para o desenvolvemento económico da Mariña

Nota de prensa

Os nacionalistas aspiran a convertir Alcoa nun imán para o desenvolvemento económico da Mariña.

O BNG comprometese a darlle o finiquito a reforma laboral, a conxelación salarial e a xubilación aos 67 anos.

Unha delegación do BNG, encabezada polo candidato ao Congreso e Alcalde de Riotorto Federico G. Estoa e o Candidato ao Senado e Tenente de Alcalde de Viveiro Bernardo Fraga, mantiveron unha xuntanza na xornada de hoxe con representantes Comité de Empresa de Alcoa a cabeza dos cales se atopaba o seu Presidente Xosé Paleo.

Segundo indicou Estoa, “como é habitual desde 1996, desde que o nacionalismo galego ten representación nas Cortes do Estado, o BNG convoca esta reunión para dar conta do traballo feito, das iniciativas presentadas en Madrid e revisar a política do Estado en relación con Alcoa,de xeito moi particular no referido as problemáticas concretas da factoría e tamén no que ten a ver coa xestión que se está afacer da crise cos grandes custos sociais para as clases traballadoras. E todo isto pensando que estamos a falar dunha empresa estratéxica para a Comarca, dunha factoría que debe e pode operar como imán, posto que supón o 34% do PIB da provincia e o autentico motor da Comarca”.

O nacionalista fixo referencia a necesidade de darlle unha solución definitiva ao problema que se plantexa coa factura eléctrica da fabrica do que depende a súa continuidade, a apertura do dique norte, as conexións terrestres do complexo alumineiro e ao seguimento dos compromisos por parte do Estado establecidos no acordo de venda da planta a multinacional americana. Neste sentido o candidato nacionalista lembrou “que para Alcoa a enerxía é básica, acapara o 3 por cento do consumo enerxético do Estado, un terzo do consumo total de Galiza e ante a incertidume creada pola liberalización do mercado eléctrico é necesario garantir un marco estábel que pasa necesariamente pasa pola construción do ramal do gaseoducto Ribadeo-Viveiro, que a día de hoxe atópase licitado e coas expropiacións feitas, cun orzamento de execución de 16 millóns de euros, pero que acumula retrasos de preto de catro anos polo que esta debe ser a lexislatura da súa entrada en funcionamento e só o BNG que non se utilize a crise para adiar a súa construción”.

Na mesma liña o candidato nacionalista insistiu na necesidade “ dunha mellora nas condicións de comunicación tanto viarias como ferroviarias entre o complexo alumineiro é os seus mercados potenciais na perspectiva de diminuír os gastos de loxística e por conseguinte aumentar a competitividade da factoría, competitividade que de ningún xeito pode pasar pola perda de poder adquisitivo dos traballadores do complexo e da precarización das súas condicións laborais”. “Compre” , afirmou Estoa, “ no ámbito dos acesos ferroviarios a construción dun ramal desde a factoría de Alcoa á estación de Lago para poder sacar a produción de aluminio en tren e rematar co contrasentido que supón ter que transportar o aluminio a Lago en camións. Asemade é necesario a conexión de Alcoa coa A-8, coa posta en marcha da Autovía Barreiros – San Cibrao, actuación que tiña que estar rematada en 2010 e que desde 2004 se atopa en fase de Estudo Informativo”.

No marco da xuntanza os nacionalistas denunciaron “ as políticas económicas dos socialistas e populares, unhas políticas que representan o mesmo como se puido comprobar desde que comezou a crise e que ten como único obxectivo transferir os custos da crise as maiorías sociais. É particularmente grave a reforma laboral aprobada polo Goberno coa anuencia do PP, unha reforma que como se está ver, non tiña máis obxectivo que facilitar as condicións do despido e non resolver o problema do desemprego, até o punto de que desde a súa entrada en vigor este non fixo máis que aumentar. Non se pode continuar a destruír emprego, sendo neste sentido paradigmática a política da Xunta, cuxo Presidente anunciou en campaña rematar co paro en tres meses, e que porén o aumentou no seu mandato en sete puntos. É hora de reaxir, dun cambio de rumo nas políticas económicas que se debe fundamentar primeiramente nunha aposta decidida pola creación de emprego e en segundo lugar por poñer fin aos recortes nos dereitos sociais e laborais dos traballadores. Se hai perda de poder adquisitivo, non hai posibilidade de reactivación económica, posto que significa un descenso no consumo”.

Exit mobile version