
Nova edición do boletín Ribadeomuller do CIM de Ribadeo, no que se ofrecen información sobre a campaña Un futuro por compartir en igualdade, sobre os Domingos a pé, que voltan o vindeiro 23 de outubro, e sobre o Consello Municipal das Mulleres, entre outras cousas. Aquí vai o correo electrónico/carta que desde o CIM se enviou aos lectores e lectoras do Ribadeomuller. Os/as interesados/as en recibilo vía correo electrónico o único que teñen que facer é dirixirse ao 982 120 739 para deixar o seu enderezo.