Site icon Crónica3.com A Mariña

Inauguraron unha exposición sobre a pobreza e a exclusión social no Parlamento de Galicia

Nota de prensa

O Parlamento de Galicia acolle esta semana unha exposición fotográfica para concienciar sobre a pobreza e a exclusión social

• Está organizada pola Rede Galega de Loita contra a Pobreza e foi inagurada pola presidenta da Cámara

• Jose Manuel Balseiro, na súa condición de Secretario do Parlamento de Galicia, participou no acto inaugural que correu a cargo da presidenta da Cámara lexislativa, Pilar Rojo.

Santiago, 17 de outubro de 2011.- A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo Noguera, inaugurou esta mañá, na sede do lexislativo autonómico, a exposición fotográfica Prioridade I. Pobreza e Exclusión Social, organizada pola Rede Galega de Loita contra a Pobreza (EAPN Galicia) e que poderá visitarse durante esta semana na Cámara galega.

No acto inaugural celebrado esta mañá, coincidindo co Día  Internacional para a erradicación da pobreza, a presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo, explicou que ao ceder as súas instalacións para albergar a mostra, o lexislativo galego quere sumarse, por segundo ano consecutivo, a esta campaña encamiñada a chamar a atención do conxunto da sociedade sobre a realidade da pobreza e a exclusión.

Coa mostra aberta ao público esta mañá, “desde o Parlamento de Galicia queremos contribuír a fomentar a reflexión; a espertar a conciencia, individual e colectiva, e tamén a eliminar as bandas invisibles que nos impiden, ás veces, ollar a realidade da pobreza, a da exclusión social tal e como son, con toda a súa crueza e inmediatez”, en palabras da presidenta do lexislativo autonómico.

O deputado mariñán, Jose Manuel Balseiro, na súa condición de Secretario do Parlamento de Galicia, participou no acto inaugural desta exposición e convidou a todos aqueles veciños da nosa comarca que visiten a capital galega, a visitar a mostra instalada no pazo do Hórreo, sede do Parlamento de Galicia.

Recoñecemento para EAPN Galicia

Os membros da Mesa do Parlamento tiveron palabras de recoñecemento para o traballo que desenvolven as diferentes entidades que integran a Rede Galega de Loita contra a Pobreza (EAPN-Galicia), como mediadores e voceiros que trasladan ás diferentes institucións a visión e os problemas dos que menos teñen.

Ao inicio do acto, Carlos Rosón Varela, presidente en funcións de EAPN Galicia, deu lectura ao Manifesto por unha cidadanía inclusiva.

Exit mobile version