Site icon Crónica3.com A Mariña

Excelente participación na primeira xornada do capeonato de bolos de Xove

NOTA DE PRENSA

XXIIIª TIRADA DE BOLOS – XIIª SUB 16 –  IIIª LIGA FEMININA

(TEMPORADA  2011/2012)

Organiza:    Concellería de Cultura do Concello de Xove

Colaboran: IES Illa de Sarón de Xove

INCIDENCIAS DA 1ª  TIRADA

(Centro Social de Lago – Sábado, 8 de outubro 2011)

CAMPEONATO DE BOLOS DE   CENTRO SOCIAL DE LAGO   (  8 OUTUBRO 2011)41  INSCRITOS:    21 NA LIGA SENIOR,    13  NA LIGA SUB 16  E     7  NA LIGA FEMININA
CLASIFICACION NOME TANTOS PUNTOS
LIGA SENIOR
PRIMEIRO OMAR CABRERA MACIAS 192 12
SEGUNDO ARTURO VIGO CASABELLA 166 10
TERCEIRO SÓCRATES CAMPO SUÁREZ 157 8
CUARTO JOSÉ  MANUEL COCIÑA RIVERA 153 7
QUINTO LUIS RANCAÑO BOUSO 151 6
SEXTO CÉSAR CANCELOS LÓPEZ 150 5
SÉTIMO JOSÉ  GONZÁLEZ RODRÍGUEZ 137 4
OITAVO JOSÉ  RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ 132 3
NOVENO JORDI MEITÍN SERANTES 129 2
DÉCIMO AUGUSTO ALBO OCAMPO 109 1
MELLOR BOLADA OMAR CABRERA MACÍAS 70 1
LIGA SUB 16
PRMEIRO ISAIAS CARDOSO RODRÍGUEZ 111 6
SEGUNDO DANIEL LÓPEZ FERNÁNDEZ 69 4
TERCEIRO SAUL MARTÍNEZ RODRÍGUEZ 54 3
CUARTO SAMUEL REY ÁLVAREZ 45 2
QUINTO CRISTOBAL RIVAS CAMPO 42 1
MELLOR BOLADA ISAIAS CARDOSO RODRÍGUEZ 52 1
LIGA FEMININA
PRMEIRO BELÉN MEITÍN ROUCO 65 6
SEGUNDO SALOMÉ  BERMÚDEZ 55 4
TERCEIRO MARISA CASABELLA FERNÁNDEZ 31 3
CUARTO CARMEN ROCA CORRAL 18 2
QUINTO DOLORES BAÑO FRAGA 9 1
MELLOR BOLADA SALOMÉ  BERMÚDEZ BEN 37 1

-Tarde agradable. Campo irregular, moi seco, o que dificultou as tiradas, provocando moitas cucadas, sobretodo na Liga Feminina.

-Para ser a primeira tirada da tempada, excelente participación, sobretodo na Liga Sub 16 con 13 inscritos; neste sentido, notouse a Xornada de Promoción celebrada no IES Illa de Sarón. Na Liga Femenina tivemos 7 participantes e 21 na Liga Senior.

Liga Senior Masculina.- Victoria inapelable do xogador hispano-cubano Omar Cabrera, quen con 192 tantos e con só 6 puntos desquite impúxose con 26 tantos de ventaxa a Arturo Vigo. Omar, un auténtico portento físico, antigo xogador de beisbol, pode ser o gran animador este ano se consigue continuidade e se o seu traballo lle permite unha participación regular no campionato.

Agás Omar, o resto estiveron moi igualados, notándose o parón destes últimos meses, xa que se vé que os xogadores inda non están rodados.

Liga Sub 16.- O mellor desta Liga temos que decir que foi a participación.  Os 13 inscritos/as suponen un moi bó comezo; esperemos que non se desanimen e sigan vindo ás tiradas. Gañou Isaias Cardoso cuns expléndidos 11 tantos, amosando un xogo moi sólido. Isaias xa participou o ano pasado na Liga, ocupando ao final un meritorio quinto posto;  pero temos que decir que Isaias creceu e xa vemos un xogador máis fornido, que pode aspirar a moito este ano; penso que estamos diante dun dos favoritos. Segundo quedou Daniel López, xogador con boas maneiras que a tempada  ocupou un meritorio terceiro posto final.

Liga Senior Feminina.- Moi pobre a tirada realizada polas xogadoras desta categoría, as cales notaron, ademáis do parón estival, a dureza do campo, que como dixemos ao principio, estaba moi seco, o que propiciou numerosas cucadas. Desta dureza dá fé que a campiona da tempada pasada (Dolores Baño) quedou 5ª e só foi capaz de facer 9 tantos, e a subcampiona Carmen Roca quedou 4ª tamén cuns míseros 18 tantos. Venceu nesta primeira tirada Belén Meitín con 65 tantos, tanteo tamén baixo para unha das mellores xogadoras da Liga.

A Vindeira tirada vai ter lugar no CLUB SOCIAL DE PALMEIRO O VINDEIRO SÁBADO, 15 DE OUTUBRO DE 2011.

Exit mobile version