Site icon Crónica3.com A Mariña

En resposta ao BNG, Mar confirma que os bateeiros non poderán acceder ás axudas á acuicultura

Nota de prensa

EN RESPOSTA AO BNG, MAR CONFIRMA QUE OS BATEEIROS NON PODERÁN ACCEDER ÁS AXUDAS Á ACUICULTURA

O portavoz de Pesca do BNG, Bieito Lobeira afirmou que os bateeiros teñen a obriga, a instancias da Consellería do Mar, de ingresar unha cantidade polo valor total do investimento nunha entidade financeira que impedirá acceder ás axudas de Fondos europeos e beneficiará ás grandes empresas

Santiago de Compostela, 19 de outubro, 2011. O portavoz de Pesca do BNG, Bieito Lobeira reclamou hoxe, a través dunha pregunta parlamentaria formulada ao Goberno en comisión “un cambio de criterio” para tonar á vía habitual de acceso ás axudas aos investimentos na acuicultura, a fin de beneficiar ao sector mexilloeiro galego.

Na súa intervención, Lobeira defendeu manter o acceso dos subsidios en materia de acuicultura co obxecto de non provocar efectos negativos nos estaleiros galegos dedicados á construción e modernización de buques auxiliares.

Lobeira cualificou de “irresponsábel” á Consellaría do Mar, trala resposta do director xeral de Competitividade e Innovación Tecnolóxica, Juan Carlos Maneiro Cadillo que defendeu a nova normativa.

A decisión da Consellaría do Mar, afectará á construción de 3.300 bateas, 1.200 buques mexilloeiros nun momento “moi crítico” do sector naval dedicado a produción dos buques auxiliares –dixo o nacionalista-.

Lobeira explicou que o 61% dos fondos europeos para a modernización das embarcacións destinadas ás bateas, non serán accesíbeis aos bateeiros nas condicións marcadas agora pola Consellaría do Mar, “os bateeiros non poderán acceder” sen embargo, engadiu- que “si o poderán facer as grandes empresas” porque os fondos seguirán destinados á acuicultura.

O deputado do BNG salientou que mentres se mantiveron as anteriores condicións para acceder ás axudas, “non se produciu ningún caso de malversación nin detección de irregularidades”.

Na súa opinión, as novas condicións responden a un feito “consciente e deliberado” para impedir que os bateerios accedan a uns fondos que o Goberno galego prefire destinar ás grandes empresas dedicadas á acuicultura.

Exit mobile version