Site icon Crónica3.com A Mariña

Descubre o PP que “o dragado de Foz e o proxecto do xeriátrico” están en partidas xenéricas dos orzamentos da Xunta

Nota de prensa

Estaban incluídos en partidas xenéricas non territorializadas.

Javier Castiñeira acada o compromiso da Xunta para incluír dous proxectos de importancia para o Concello.

•    Os orzamentos da Xunta establecerán “con nomes e apelidos” o dragado de Foz e o proxecto do Xeriátrico.

Foz, 21 de outubro de 2011.- O rexedor municipal de Foz, Javier Jorge Castiñeira acadou o compromiso da Xunta de Galicia para incluír nos orzamentos para o ano 2012 dous proxectos de grande importancia para o seu concello que, xa que aínda que formaban parte da previsión de gastos autonómicos aparecían dentro de partidas xenéricas non territorializadas.

O primeiro edil mantivo contactos con representantes dos distintos departamentos da Xunta competentes para que, tanto o dragado de Foz como o proxecto do novo xeriátrico, aparezan con “nomes e apelidos” nas contas autonómicas de 2012.

Javier Castiñeira asegurou que os técnicos da Xunta están a efectuar os cálculos axeitados para establecer as contías finais destas dúas partidas, xa que ata o momento os seus importes non aparecía desagregados. Probablemente –explicou- o xeito de facer constar expresamente estas dúas actuacións será a través do trámite de emendas, aínda que se están estudando a fórmula máis acaída.

A intención do primeiro edil do Concello  de Foz e facer máis visibles ambos compromisos, xa que ata o momento tanto o ente público Portos de Galicia (Consellería do Mar) como a Consellería de Traballo e Benestar –que ten a competencia sobre as residencias para persoas maiores- non tiñan desagregados os investimentos que farán no ano próximo.

Javier Castiñeira agradeceu a boa disposición dos responsables autonómicos e significou o compromiso do actual Goberno galego coa materialización destes dous proxectos, amplamente demandados polos veciños de Foz e dos que se fixo eco o PP local.

Exit mobile version