O 2 de novembro dará comezo en Barreiros un curso de manualidades e pintura, que organiza o Concello a través do seu departamento de Servizos Sociais. Será en horario de 15:30 a 19 horas. Os mércores o curso impartiráse en Vilamar, os xoves en San Pedro e os venres en Cabarcos. Servizos Sociais convoca unha reunión informativa para este xoves, 27 de outubro, ás 18 horas no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro.