Constituiuse en Ribadeo a asamblea comarcal da formación Causa Galiza na Mariña
redac
Nota de prensa
CAUSA GALIZA, CONTINÚA A SÚA ACCIÓN SOBERANISTA COA POSTA EN MARCHA DUNHA ASEMBLEA COMARCAL NA MARIÑA!!
O pasado venres 14 de Outubro en Ridadeu constituise formalmente na mariña a asemblea comarcal de Causa Galiza, a punta de lanza do independentismo galego non pode quedar de brazos cruzados nunha comarca desarmada e aldraxada totalmente ante a actitude de pasividade e connivencia das forzas parlamentares cos poderes económicos de facto que marcan a súa folla de rota . Despois do análise do texto a debate no ámbito comarcal titulado” Desenvolvemento estratéxico de Causa Galiza “ a asemblea con representatividade nos concellos de Mondoñedo, Burela, Lourenzá, Ribadeu, Barreiros e Viveiro bota a andar para , sen complexos e baixo o prisma do soberanismo galego , aportar solucións reais a problemas reais. Democracia, cultura, lingua e sobería polítca, económica e alimentar , sáe da gaiola >>