Presentación do Campañazo do bingo, que organiza ACIA Foz. A nova edición desta campaña dará comezo o vindeiro venres, 4 de novembro, e repartirá 1.200 euros en premios ao longo deste mes de novembro. No acto celebrado esta mañá en Radio Foz participou a vicepresidenta da Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Foz, Remedios García. Tamén a vindeira fin de semana, o venres 4 e o sábado 5 de novembro, terá lugar a festa da raia.
