Site icon Crónica3.com A Mariña

Ábrese a inscrición para participar nos cursos de tempo libre do CIM en Burela

Nota de prensa

O VINDEIRO LUNS ÁBRESE A INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NOS CURSOS DE TEMPO LIBRE DO CIM. NESTA TEMPADA HABERÁ MANUALIDADES, BORDADO E BOLILLOS.

Burela, 12 de outubro de 2011. O vindeiro luns, 17 de outubro, ábrese a inscrición para participar nos cursos de tempo libre do CIM, segundo informa a Concellería de Servizos Sociais de Burela.

A súa responsable, Diana Durán, explica que “dende o día 17 e ata o 31 de outubro de 2011 (ambos incluídos), as mulleres residentes no concello de Burela, poderán inscribirse nos cursos de tempo libre do CIM, para a tempada 2011/2012”. Os cursos que se ofertan son os seguintes: manualidades, bordado e bolillos.

A edil popular subliñou que “para facer a inscrición haberá que presentar o DNI e ter abonado a taxa de copago. Non se admitirán inscricións por teléfono e como máximo soamente se poderá facer a inscrición doutra persoa (aparte dunha mesma) cada vez”.

A inscrición terá que realizarse no Centro de Información ás Mulleres (CIM), na Casa do Concello, en horario de 8:00 a 15:00 horas, de luns a venres. Para calquera dúbida as interesadas poden poñerse en contacto, no mencionado horario, chamando ao teléfono 982 58 06 09, ou ben persoalmente.

Exit mobile version